Artigos

PROCEDEMENTO PARA XUSTIFICAR AUSENCIAS DO ALUMNADO AO CENTRO

A XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DO ALUMNADO SE FARÁ EXCLUSIVAMENTE A TRAVÉS  DA APLICACIÓN ABALAR MÓBIL

 

Para a xustificación das faltas de asistencia do alumnado, os pais, nais ou titores/as legais do alumnado ateranse ó seguinte procedemento: 

  • No caso de indisposición leve, utilizarase o modelo oficial de xustificación do centro (pode descargarse dende AQUÍ), asinado polos pais ou representantes legais do alumno/a, no que constará a data e horas correspondentes e os motivos.
  • O  alumnado  recollerá na conserxería  ou poderá descargar da páxina web o impreso oficial correspondente para xustificar as faltas e a xustificación deberá presentarse nun período máximo de catro días lectivos seguintes á súa  incorporación ó centro. De non ser así, considerarase falta inxustificada. A xustificación poderá presentarse en papel na conserxería do centro ou ben enviarse ao titor/a correspondente por abalar móbil sempre que éstos  admitan as xustificacións por esta vía. Tamén por abalar móbil as xustificacións deben ir no modelo oficial do centro. Posteriormente, o/a titor/a reenviará ao correo do centro ditas xustificacións para o seu arquivo.
  • De prever unha ausencia de varios días á clase, os pais ou responsables legais deberán comunicalo ó titor/a ou a algún membro do equipo directivo. Só se aceptará como causa xustificada a circunstancia que lle impida ó alumno/a acudir ó centro. 
  • Se un alumno/a debe abandonar o centro durante o período lectivo, a súa nai, pai ou persoa en quen deleguen, debe cubrir o impreso que lle facilitarán en conserxería co fin de autorizar a saída do alumno/a. En ningún caso, se permitirá que un alumno/a abandone o Centro sen autorización dos pais ou titores legais. 
  • No caso de que a inasistencia a clase coincida cunha proba ou exame, o/a alumno/a deberá ensinar ao profesor/a correspondente á materia da que tivo exame, a xustificación da falta antes de ser entregada en conserxería. O departamento implicado deberá recoller  na súa programación a actuación nese caso. No caso de probas ou exames de carácter extraordinario ou final, o departamento involucrado, xunto coa Xefatura de estudos, decidirá si se acepta ou non a xustificación e a realización dunha nova proba. No caso de que o alumno ou alumna se ausente, de forma xustificada,  por un período prolongado e coincidente ou moi próximo as datas da  1ª ou 2ª avaliación, o alumno/a será avaliado dos contidos que se impartiron ata que se produciu a ausencia. Non obstante e segundo o  establecido por  cada departamento, poderá ser avaliado dos contidos pendentes despois da súa incorporación.  

Horas de atención as familias

Ao principio de cada curso, na sesión de titoría para pais, o profesorado titor/a comunicarán a súa hora de atención ás familias.  Para evitar esperas e garantir a súa atención deben pedir cita previa con tempo a través do alumnado, chamando ao centro ou solictando unha cita a través da APP Abalar Móbil.  Desta forma os/as titores/as poderán organizar a súa visita, recollendo de antemán a información pertinente. 

 Tamén existe un horario de atención ás familias de todo o profesorado .  Para facer uso destas horas o procedemento e o mesmo que cos profesorado titor/a.

 

 O Departamento de Orientación tamén ten o seu horario para atender ás familias.

Martes de 9:30 a 10:20 horas.

Fóra dese horario tamén poden ter atención chamando previamente para concertar a cita

Comunicación coas familias

O profesorado pode enviar comunicacións ás familias naqueles casos que o consideren oportuno:

- Cando os seus fillos/as súas fillas non fagan as actividades, non traian o material necesario para as clases ou non se comporten de forma axeitada... Deben ser devoltos ó profesor ou profesora, asinados polos pais, nais o titores legais. De non devolvelos no prazo establecido polo profesor, o alumnado é sancionado cunha falta de orde. Esta comunicación poderase facer a través das axendas escolares.

- Doutro xeito, tamén se poderán enviar comunicacións as familias a través do espazo Abalar do profesorado. Neste caso as familias reciben una notificación na APP Abalar Móbil que terán que ter instalada, no seu terminal telefónico, previamente.

 Nos casos de comisión de faltas graves, o titor/a envía por correo unha notificación con información sobre a mesma, que deberá serlle devolta asinada.

 Durante a xornada lectiva, as familias recibirán notificación a través da APP Abalar Móbil das ausencias do alumnado en cada unha das sesións do día.

 Ó remate dos diferentes períodos de avaliación, as familias recibirán na APP Abalar Móbil os resultados académicos dos seus fillos/as quedando eliminado o boletín en papel para a entrega de cualificacións.

 

Utilización de teléfonos móbiles ou aparellos de reprodución, multimedia ou fotografía

Por razóns obvias, estes aparellos non están permitidos no centro, e a súa manipulación supón a requisa dos mesmos, sendo os pais quen terán que recollelos

Para mensaxes urxentes ou importantes, as familias poden chamar ó teléfono do instituto (886 159 797) e deixar recado. 

No caso de que un rapaz ou unha rapaza se atope mal, sempre é o persoal do centro quen localiza ás familias, nunca se fará a través de teléfonos móbiles.

Saídas do centro

O alumnado non pode saír do centro sen o acompañamento dun adulto, quen firmará a solicitude de autorización da saída, documento que se atopa na conserxería.

Normas básicas para o alumnado

En primeiro lugar, o alumnado é o responsable do seu material e do material que o centro lles proporciona. Terá que ter coidado del para non deterioralo ou perdelo. 

 O alumnado deberá ser puntual cando se incorpore ás clases. De non ser así, terá que pedir autorización a calquera membro do equipo directivo para poder entrar na aula que lle corresponda. Esta autorización non xustifica a demora.

 Para ir ao servizo empregarán o tempo de lecer. Máis se hai unha urxencia durante os períodos lectivos, terán que pedir permiso ao profesorado que estea nese momento con eles.  Nos cambios de clase non se pode ir ó servizo sen a autorización do profesorado da clase que ven a continuación.

 Só se pode comer ou beber na cafetería e no patio durante o tempo de lecer, polo que non está permitido mercar fóra dese horario. As bebidas ou lambetadas localizadas serán requisadas.

O alumnado do transporte escolar cando baixen do autobús deberán entrar no recinto escolar e estará custodiado polo persoal docente correspondente. Na saída tamén haberá profesorado de garda ata que marchen os autobuses, e todo o alumnado estará suxeito ás normas do regulamento do noso centro.

PARA AMPLIAR A INFORMACIÓN, PREME SOBRE A IMAXE DO QUE QUERES CONSULTAR

O noso centro está distribuído en tres plantas, un patio con dúas pistas de xogo e un ximnasio ao que se accede a través do patio. Na planta baixa atópanse as aulas específicas das materias, a biblioteca, os despachos do equipo directivo e do departamento de orientación e os baños. Na planta intermedia sitúanse as aulas de tecnoloxía, o laboratorio, a aula de informática, música e plástica. E, por último, no primeiro andar hai máis aulas, baños, e tamén está a zona restrinxida ao profesorado: a sala de traballo dos profesores e profesoras e os despachos dos distintos departamentos.

Como o noso centro está organizado en aulas específicas o alumnado entre as sesións de estudo debe desprazarse da aula dunha materia a outra. Para evitar a carga excesiva de material os rapaces e rapazas que o soliciten poden beneficiarse do uso dunha taquilla en préstamo ao longo do curso e, deste xeito, á entrada ao centro, á saída e no recreo poden deixar e coller o material que precisen.

Así mesmo, o alumnado pode consultar e levar prestados por un tempo os fondos da nosa biblioteca: libros, películas, música…Para isto só ten que presentar o carné do centro na biblioteca no horario de préstamo.

 

   
     

Powered by Drupal - Design by artinet