Artigos

Utilización de teléfonos móbiles ou aparellos de reprodución, multimedia ou fotografía

A Xunta de Galicia no Decreto 8/2015 do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño de 2011, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia esolar, no seu artigo 19.4 establece:

"Prohíbese o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación durante os períodos lectivos. Excepcionalmente os centros poderán establecer normas para a correcta utilización como ferramenta pedagóxica"

Puntualízase na orde do 4 de xaneiro de 2024 sobre o uso dos teléfonos móbiles e e dispositivos electrónicos nos centros: 

1. Nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que ofrezan algunha das ensinanzas reguladas na lei orgánica educativa en vigor, a prohibición de uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación establecida durante os períodos lectivos debe estenderse tamén, con carácter xeral, á totalidade da xornada escolar, incorporando os períodos non lectivos. En consecuencia, non se permitirá durante a xornada escolar o emprego libre destes dispositivos.

2. Considéranse aos efectos deste protocolo como períodos non lectivos os seguintes: as entradas e saídas, o tempo de recreo, de comedor escolar e os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares.

Por outra banda, nas normas de organización e funcionamento do centro está tipificado como conduta contraria ás normas (Título IV, capítulo I) no apartado K:

"O uso,en todo o recinto escolar durante o horario lectivo e nas actividades exrtraescolares e complementarias,  de teléfonos móbiles, aparellos de son e outros aparellos electrónicos alleos ao proceso de ensino-aprendizaxe".

E como medida correctora (Capítulo II, artigo 3º) no apartado E:

"Retirada de teléfonos móbiles, aparellos de son ou outros aparellos electrónicos alleos ao proceso de ensino-aprendizaxe. Retiraranse apagados e só serán devoltos aos pais, nais, ou titores/as legais despois de transcurridas 48 horas".

Para mensaxes urxentes ou importantes, as familias poden chamar ó teléfono do instituto (886 159 797) e deixar recado. 

No caso de que un rapaz ou unha rapaza se atope mal, sempre é o persoal do centro quen localiza ás familias, nunca se fará a través de teléfonos móbiles.

Powered by Drupal - Design by artinet