Novas

LISTAXE VACANTES PARA O CURSO 2024-25

TODAS AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PRESENTADAS EN PRAZO, OBTIVERON PRAZA DO CENTRO PARA O CURSO 24/25


O prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso abre o venres 1 ata o luns 20 de marzo.

Información na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Preme na imaxe para ver ampliado o cadro de vacantes ofertadas polo noso centro para o vindeiro curso 2024-2025

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN

➢ DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

➢ ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B)

➢ ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

➢ ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de  segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

1. O alumnado só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2. O alumnado que ten garantía de permanencia neste centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, a este centro de orixe.

3. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

PUBLICADO O DECRETO 12/2022 DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

No día de hoxe publicouse no portal educativo da Xunta de Galicia o decreto que regula a admisión do alumnado para o curso 22/23 nos centros sostidos con fondos públicos. Podes acceder ao contido do decreto premendo sobre a frase:

DECRETO ADMISIÓN ALUMNADO

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO

Unha vez celebradas as eleccións para a renovación do consello escolar do centro, estos son os resultados das mesmas por sectores:

SECTOR PROFESORADO:

CANDIDATURAS ELIXIDAS VOTOS OBTIDOS (letras) VOTOS OBTIDOS (cifras)
GONZÁLEZ HERNÁNDEZ, Mª BEGOÑA VINTE UN 21
BÚA PINTOS, Mª ALICIA VINTE 20
IGLESIAS MUÍÑOS, XOSÉ VINTE 20
MONTERO MÍGUEZ, ELENA DEZANOVE 19
DE LA TORRE RODRÍGUEZ, RICARDO TRECE 13

SECTOR ALUMNADO:

CANDIDATURAS ELIXIDAS VOTOS OBTIDOS (letras) VOTOS OBTIDOS (cifras)
INFANZÓN SABARÍS, MARTA CENTO CORENTA E SETE 147
SANMARTÍN FRAGA, MANUEL CENTO DEZAOITO 118
INFANZÓN SABARÍS, ALBA CENTRO TRECE 113
SERANTES SOUTO, PAOLA CENTO DEZ 110
     

 

CANDIDATURAS NON ELIXIDAS VOTOS OBTIDOS (letras) VOTOS OBTIDOS (cifras)
SEGADO PAZOS, PABLO NOVENTA E CATRO 94
MARCOS SOLER, CARMEN CORENTA E SEIS 46
     
     
     

SECTOR FAMILIAS:

CANDIDATURAS ELIXIDAS VOTOS OBTIDOS (letras) VOTOS OBTIDOS (cifras)
AFONSO MARTÍNEZ, MONTSERRAT UN 1
FRAGA SANMARTÍN, BELÉN UN 1
     
     
     

PERSOAL NON DOCENTE:

SANTAMARÍA SEIJAS, JUSTA

REPRESENTANTE DO CONCELLO:

JAIME LEIRO OTERO

REPRESENTANTE DA ANPA:

MÓNICA LÓPEZ MÉNDEZ

AVISO IMPORTANTE DA ANPA DO IES SANXENXO!!!

Estimad@s nais e pais,

Na última reunión da xunta directiva da Anpa decidimos que dadas as dificultades económicas que atravesan moitas familias NON COBRAREMOS COTA PARA DARSE DE ALTA DE SOCIO este ano. Para a realización de actividades utilizaremos o remanente existente doutros anos.

Respecto o seguro da Anpa vos informamos de que debido ó incremento da renovación da póliza o custo pasa a ser de 12 euros por neno/a.

No mes de setembro poñerémonos en contacto coas familias que xa fixeron o ingreso da cota para facerlles a devolución.

Con motivo do novo curso académico pedímosvos que colaboredes facéndovos socios e vos invitamos a que participedes activamente na ANPA plantexando as vosas inquedanzas e propostas de mellora.

 

A ANPA do IES Sanxenxo

 

A causa do COVID-19 para facervos socios ou contratar o seguro da ANPA premede no link.

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdoBBIaj8neVB5YOgK3I2WOoIrfMB74gIO44n1tBMI9bdX23Q/viewform?usp=sf_link

MEDIDAS URXENTES COVID-19 ACTUALIZADAS a 06/05/2020

REESTABLECEMENTO PROCESO DE ADMISIÓN:

 
RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020 (DOG do 6 de maio de 2020) do 11 ao 18 de maio restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, en horario habitual de apertura do centro con cita previa por petición telefónicaasí os novos prazos do proceso son os seguintes:
 
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

ACTIVIDADE NO CENTRO:

Seguindo as directrices da Consellería  a partir do luns 11 de maio o centro permanecerá aberto de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:30 horas para trámites administrativos, coas seguintes consideracións:

- É requisito imprescidibe acudir ao centro na data e na hora proporcionada na petición de cita previa telefónica. NON SE ATENDERÁ A NINGUÉN SIN CITA PREVIA.

- So poderá acudir ao centro UN/HA INTEGRANTE DE UNIDADE FAMILAR. QUE DEBERÁ CHAMAR AO TIMBRE PARA ACCEDER AO MESMO.

- Para acceder ao interior do centro deberán usar luvas e mascarilla.

- Deberán respetar o distanciamento social.

O Equipo Directivo

VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 20/21 IES SANXENXO

VACANTES IES SANXENXO CURSO 20/21

CONCELLO NIVEL PRAZAS POR NIVEL PERMANENCIAS SOLICITUDES "RESERVADAS" VACANTES
SANXENXO 1ºESO 90 0 87 3
SANXENXO 2º ESO 90 85 0 5
SANXENXO 3ºESO 90 76 0 17
SANXENXO 4ºESO 90 67 0 29

ENQUISA SOCIOLINGÜÍSTICA -"PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO"- (PLC)

Dende os seguintes enlaces podes acceder a enquisa sociolingüística para a actualización do Proxecto Lingüístico do Centro (PLC):

 

ACCESO Á ENQUISA DO ALUMNADO

RECREOS ALTERNATIVOS 18-19

NOVAS DE PRINCIPIO DE CURSO!!

¡¡¡COMEZO DAS CLASES, EN HORARIO HABITUAL (9:30 A 14:55), O DÍA 17 DE SETEMBRO DE 2018!!!

 

¡¡¡ATA O COMEZO DO CURSO A APLICACIÓN ABALAR MÓBIL ESTARÁ DESACTIVADA!!!

1º ESO:

CONCEDIDO O PROXECTO E-DIXGAL. O DÍA 17 FIXARASE UNHA DATA PARA A REALIZACIÓN DA REUNIÓN INFORMATIVA COAS FAMILIAS. AVISARASE A TRAVÉS DO ALUMNADO E DA APLICACIÓN ABALAR MÓBIL.

SEMANA CULTURAL 2016-2017

            Programa da Semana Cultural

 

Powered by Drupal - Design by artinet