Orientación

BLOG DE ORIENTACIÓN

Preme na imaxe para entrar no Blog do Departamento de Orientación

con moita información e recursos de interese.

HORARIO DE ATENCIÓN

Venres de 10:20 a 11:10 horas.

Fóra dese horario tamén poden ter atención chamando previamente para concertar a cita.

PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Pódese consultar neste ENLACE ou no documento adxunto.

PLANS E PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

Nos documentos adxuntos podemos consultar varios documentos do Departamento de Orientación.

Nos seguintes enlaces podemos consultar normativa e protocolos.

DECRETO 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30
de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de
convivencia escolar.

INTERVENCIÓN EDUCATIVA CO ALUMNADO TDA-H

PLAN ORIENTACIÓN

PROCEDEMENTO PARA SOLICITAR PRAZA NA FP BÁSICA PARA O CURSO 22/23

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS 

PRAZO PARA PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN: (preme aquí para ver o calendario de actuacións)

O prazo para presentar as solicitudes no centro será do 27 de xuño ás 9:00 horas ao 6 de xullo ás 13:00 horas.

So poderán presentar solicitude aquel alumnado que foi proposto para cursar FP Básica por cada un dos equipos docentes nas sesións da terceira avaliación.

2. DOCUMENTACIÓN QUE A FAMILIA DEBE ENTREGAR NO CENTRO PARA A MATRÍCULA:

1.DOCUMENTO OFICIAL DE IDENTIDADE, DNI OU NIE.

2.DOCUMENTO DE CONSENTIMENTO: (preme aquí para descargar o documento)

O documento de consentimento deberá vir debidamente cuberto e asinado por calquera das persoas titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto co documento, a resolución xudicial correspondente para que o centro educativo a cotexe.

De non entregar este documento no prazo que se estableza, entenderase que non dan o consentimento.

3.SOLICITUDE DE ADMISIÓN E MATRÍCULA: (preme aquí para descargar a solicitude)

Faranse constar dous ciclos de grao básico por orde de preferencia e outros dous que serán de reserva no caso de non obter praza en ningún dos dous primeiros.

Unha vez rexistrada a solicitude polo centro, entregaráselle a familia un resgardo de solicitude (código de solicitude único e código persoal de consulta), que será entregado, selado e datado, á persoa solicitante ou ás súas persoas representantes, como documentación acreditativa da presentación da solicitude. O código de solicitude e o código persoal de consulta deste resgardo permitirán un acceso individualizado das persoas solicitantes aos seus datos persoais no proceso de admisión. Tamén permitirán a consulta das listaxes públicas, xa que non poden conter datos de identificación.

Os resgardos da solicitude deberán ser asinados pola persoa solicitante. Se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinado por calquera das persoas titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para que o centro educativo a cotexe.

4. CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade e se se dá algunha das seguintes situacións:

1º. Non autorizar a consulta dos datos relativos ao certificado de discapacidade en poder da Administración autonómica de Galicia, de conformidade co artigo 4 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos.

2º. Se o órgano competente para emitir o certificado de discapacidade non pertence á Administración autonómica de Galicia.

3. LISTAXES E INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

Quen desexar información puntual no relativo ás publicacións en todo o proceso poderá dirixirse á páxina web http://www.edu.xunta.gal/fp onde se publicarán as listaxes correspondentes ou ben ao seu centro de orixe, ou a aquel en que se lle asigne praza. Estas listaxes terán efectos de comunicación para as persoas participantes.

O día 8 de xullo publicarase a listaxe provisional de persoas propostas para a incorporación ás ensinanzas de formación profesional básica coa información das solicitudes. Os centros de orixe comprobarán a corrección da información publicada e terán ata o día 12 de xullo ás 14.00 horas para realizar as emendas que sexan necesarias.

O día 20 de xullo publicarase a listaxe definitiva de solicitudes coa información das solicitudes que se empregará para realizar a asignación de prazas.

O mesmo día 20 de xullo farase pública a listaxe do alumnado admitido e non admitido en cada ciclo formativo de grao básico.

Contra esta listaxe, as persoas solicitantes poderán presentar desde o día 20 ata o día 22 de xullo, ante a dirección dos centros públicos ou ante quen exerza a titularidade dos centros privados, a correspondente reclamación.

Contra o resultado desta reclamación, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada, no caso dos centros públicos, ou formular reclamación, no caso dos centros privados, ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comunicación.

Logo de publicada a listaxe do alumnado admitido, a comisión de escolarización autorizará os centros para comunicar co alumnado e realizar as correspondentes matrículas, tanto das persoas que teñan praza asignada como daquelas ás cales lles sexa asignada pola comisión de escolarización en adxudicación subsidiaria. Para estes efectos empregarase a aplicación informática CiclosAdmisión.

 

RECREOS ALTERNATIVOS 18-19

Vídeo A Felicidade

Powered by Drupal - Design by artinet