![]() |
![]() |
![]() |
RECOMÉNDASE O NAVEGADOR MOZILLA FIREFOX EN WINDOWS E SAFARI EN MAC
CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA
Estimad@ socio@:
A ANPA do IES de Sanxenxo convoca a ASAMBLEA XERAL ORDINARIA, que celebraremos o martes día 09 de Maio de 2023 as 19:30 horas en primeira convocatoria e as 20:00 horas en segunda convocatoria no Instituto coa seguinte:
ORDEN DO DIA
Dada a importancia dos asuntos a tratar, pregamos que non faltes, o mesmo tempo. aproveitamos a ocasión para saudarte cordialmente.
Sanxenxo, 24 de abril de 2023
Contactos ANPA IES SANXENXO
Telf. 667 412 261 - 646 166 181 - 649 268 901
O centro de formación e recursos de Pontevedra en colaboración co IES SANXENXO ten programadas no centro dúas charlas para familias relacionadas cos seguintes temas:
- Tratamento das emocións na adolescencia
- Seguridade e uso das redes sociais
Ditas charlas terán lugar no centro nos días e datas que aparecen na imaxe
Os venres 14 e 28 de abril e o 19 de maio terán lugar no Pazo Emilia Pardo Bazán e n o CEIP Plurilingue Cruceiro unhas charlas divulgativas organizadas polo centro de formación e recursos de Pontevedra en colaboración co concello de Sanxenxo e a Federación de ANPAS O Con de Sanxenxo. Todas as charlas comezarán ás 20:00 horas. Tendes máis información sobre a temática na seguinte imaxe:
Xa temos a programación da semana cultural do noso centro, para poder ver todas as actividades e horarios preme sobre a imaxe:
Información na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867
Preme na imaxe para ver ampliado o cadro de vacantes ofertadas polo noso centro para o vindeiro curso 2022-2023
NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN
➢ DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
➢ ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B)
➢ ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
➢ ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
1. O alumnado só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2. O alumnado que ten garantía de permanencia neste centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, a este centro de orixe.
3. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |