INSTRUCIÓNS DE MOBILIDADE EXTERNA E INTERNA NO CENTRO PARA O ALUMNADO E PROFESORADO CURSO 21/22

ENTRADAS E SAÍDAS A 1º E 6ª HORA

- Unha vez que o alumnado entre no centro, tanto si é transportado como non, terá que incorporarse á súa aula de 1ª hora seguindo o itinerario que se expón a continuación.

- O alumnado transportado accederá e sairá do centro SEMPRE POLA MESMA PORTA, en función da parada do seu autobús (prme sobre a imaxe para ampliala):

 

RUTA

LÍNEA

AUTOBÚS

LOCALIZACIÓN

1

NOSA SRA. DA LANZADA

MERCADO 2º/4º

2841

PORTA PRINCIPAL DO CENTRO

3

PORTONOVO

ENXIDO

3295

PORTA PRINCIPAL DO CENTRO

5

ULPIANO

A GRANXA

1326

PORTA PRINCIPAL DO CENTRO

2

CEMENTERIO

MERCADO 1º/3º

974

PORTA TRASEIRA DO CENTRO

4

NANÍN

PORTONOVO

1890

PORTA TRASEIRA DO CENTRO

6

CRUCE COTOS-DORRÓN

PORTONOVO P. ESPIÑEIRO

3229

PORTA TRASEIRA DO CENTRO

  

- Unha vez dentro do centro haberá CINCO RUTAS en función das portas de entrada e das aulas ás que se pode acceder por elas (Se premes sobre a imaxe as poderás ver ampliadas)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  ENTRADAS E SAÍDAS AO RECREO

- O alumnado estará, durante os recreos, en espazos diferenciados para cada nivel tal e como se mostra na imaxe (se premes sobre a imaxe os poderás ver ampliados)

- O alumnado de 1º da ESO e 2ºA, sairá e entrará ao patio pola porta da cafetería. O alumnado de 2º da ESO sairá e entrará ao patio pola porta lateral dereita. O alumnado de 3º da ESO sairá e entrará ao patio baixando e subindo pola rampa cara á porta principal do edificio e o alumnado de 4º da ESO pola porta traseira que da acceso ao ximnasio. 

 

MOBILIDADE INTERNA NO CENTRO:

- Os desprazamentos do alumnado e do profesorado nos cambios de sesión, entre a súa aula de referencia ás aulas específicas (ximnasio, tecnoloxía, plástica, música) ou as aulas de desdobre se fará seguindo un ITINERARIO UNIDIRECCIONAL que estará sinalado con frechas azuis no chan dos corredores (se premes sobre a imaxe poderás velo con máis detalle)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

INSTRUCCIÓNS E ASIGNACIÓNS DE AULAS PARA AS PROBAS PRESENCIAIS DE SETEMBRO (Actualización ao 06/07/21)

ADAPTACIÓN DAS PROBAS PRESENCIAIS DA COVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRRO Á NOVA SITUACIÓN POLA COVID-19 (Actualización ao 06/07/21)

Para a realización das probas presenciais de setembro todo o alumnado deberá levar a máscara posta ademais de traer unha de reposto e un bote de xel hidroalcólico persoal así como o material de traballo propio, bolígrafos, calculadora, compás, regras, portátil... que sexa necesario para cada proba, non se permite o préstamo de material escolar desde o centro e tampouco entre o alumnado, polo que o non cumprimento destas medidas será causa para a non realización da proba.

Unha vez finalizado o exame o alumnado deberá limpar e desinfectar o seu posto de traballo.


Para axilizar as entradas e saídas do centro e evitar aglomeracións no exterior do mesmo o alumnado e as familias deberán ler os documentos adxuntos para acceder directamente á aula que teña asignada en función da proba.

Para acceder a toda a información preme sobre a imaxe:


VIDEO DA CHARLA "EDUCACIÓN A DISTANCIA-ESCOLA DE FAMILIAS"

Preme sobre a imaxe para acceder ao contido da videoconferencia sobre a "Educación a Distancia" para 1º e 2º da ESO, impartida pola profesora Dna. Ana Mascato Bea.

Os contidos son os mesmos que os tratados na videoconferencia de 3º e 4º da ESO pero adaptados ao EVA. No caso da Aula Virtual do centro empregamos o mesmo programa en distintas plataformas polo que, a información contida no vídeo tamén é de utilidade para estes cursos.

Agradecer, dende o centro, a participación das familias e o seu interese

AVISO IMPORTANTE DA ANPA DO IES SANXENXO!!!

Estimad@s nais e pais,

Na última reunión da xunta directiva da Anpa decidimos que dadas as dificultades económicas que atravesan moitas familias NON COBRAREMOS COTA PARA DARSE DE ALTA DE SOCIO este ano. Para a realización de actividades utilizaremos o remanente existente doutros anos.

Respecto o seguro da Anpa vos informamos de que debido ó incremento da renovación da póliza o custo pasa a ser de 12 euros por neno/a.

No mes de setembro poñerémonos en contacto coas familias que xa fixeron o ingreso da cota para facerlles a devolución.

Con motivo do novo curso académico pedímosvos que colaboredes facéndovos socios e vos invitamos a que participedes activamente na ANPA plantexando as vosas inquedanzas e propostas de mellora.

 

A ANPA do IES Sanxenxo

 

A causa do COVID-19 para facervos socios ou contratar o seguro da ANPA premede no link.

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdoBBIaj8neVB5YOgK3I2WOoIrfMB74gIO44n1tBMI9bdX23Q/viewform?usp=sf_link

Powered by Drupal - Design by artinet