A programación didáctica do DEPARTAMENTO podémola consultar nos arquivos adxuntos.
E. Plástica e Visual
Actividades 4ºESO
O alumnado de 4ºESO deberá facer as seguintes actividades:
-Buscar na "recursostic.educacion.es/artes/plastic/web", entra como alumnado.
No apartado de 3ºESO:
-Podedes repasar os contidos do punto 1 ao 7.
- Realizar a actividade 1 (nunha foto calquera, ou recorte de revista), actividade 2 (poñede a distancia do punto de vista un pouco maior ca altura). Tamén podedes intertar a actividade 4 con algunha foto e facer a actividade 5.
- Facer a autoavaliación.
No apartado de 4ºESO:
- Seguiremos repasando os contidos 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,14,15,16,17 e 20. Podedes facer as figuras que aparecen e comprobar que está ben na propia páxina.
- Taller de actividades: 1(imprimir ou copiar se non tedes impresora) e 4.
- Facer a autoavaliación.
Actividades Educación Plástica e Visual 3º ESO
EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL
O alumnado de 3ºESO deberá visualizar os seguintes vídeos e contidos:
- en youtube: "los numerosos padres del cinematógrafo. Un análisis del origen de la imagen en movimiento. UPV."
- "Cómo leer una fotografía" da páxina Oscar en fotos.
- https:// dibujo para secundaria.wordpress.com/2º-eso/teoria/tema-1.
O alumnado deberá realizar un esquema dos contidos e realizar un stop motion ca aplicación gratuita "Stop Motion Studio" (mínimo 12 segundos) . Hai un tutorial de Stop Motion Studio do IES AS Barxas que está ben. É unha aplicación bastante intuitiva. Tamén sería bo visualizar diversos cortos de stop motion para inspirarse e recoller idea, NON PLAXIAR. Podedes facelo con debuxos, fotos, bonecos, plastilina.... Penso que é unha actividade bastante entretida para estos primeiros días. Moito ánimo!!!
Tamén estaría ben que fixerades un diario visual (debuxos, fotos... o que prefirades)