MEDIDAS URXENTES COVID-19 ACTUALIZADAS a 06/05/2020

REESTABLECEMENTO PROCESO DE ADMISIÓN:

 
RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020 (DOG do 6 de maio de 2020) do 11 ao 18 de maio restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, en horario habitual de apertura do centro con cita previa por petición telefónicaasí os novos prazos do proceso son os seguintes:
 
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

ACTIVIDADE NO CENTRO:

Seguindo as directrices da Consellería  a partir do luns 11 de maio o centro permanecerá aberto de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:30 horas para trámites administrativos, coas seguintes consideracións:

- É requisito imprescidibe acudir ao centro na data e na hora proporcionada na petición de cita previa telefónica. NON SE ATENDERÁ A NINGUÉN SIN CITA PREVIA.

- So poderá acudir ao centro UN/HA INTEGRANTE DE UNIDADE FAMILAR. QUE DEBERÁ CHAMAR AO TIMBRE PARA ACCEDER AO MESMO.

- Para acceder ao interior do centro deberán usar luvas e mascarilla.

- Deberán respetar o distanciamento social.

O Equipo Directivo

Powered by Drupal - Design by artinet