Artigos

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

A Programación Didáctica do departamento podémola consultar nos arquivos adxuntos.

 
 
 
 

Información Traballo Bioloxía e Xeoloxía IV (4º ESO A e B/C)

Bo día:

 

Como último traballo do curso e xa que non tivemos oportunidade de ver o tema de evolución e falar dun científico fundamental dentro da Bioloxía como é Charles Darwin propóñovos unha actividade moi sinxela para coñecer polo menos algo sobre a súa vida e importancia en ciencia dun xeito espero que ameno ( o vídeo que vos propoño é de animación e enfocado a alumnos máis pequenos pero para facernos unha idea de Darwin é moi útil).

 

Debedes ver o vídeo do enlace e logo facer a actividade do arquivo adxunto

https://www.youtube.com/watch?v=SEez8YVYvDk

A data límite de entrega é o xoves 11 de xuño de 2020

 

Un saúdo

Información Traballo Cultura Científica IV (4º ESO)

Bo día:

 

Como última actividade do curso e como só unha persoa entregou a noticia científica desta avaliación, ese é o traballo que tedes que facer estas últimas semanas.

 

A data límite para a entrega é o venres 12 de xuño de 2020

 

Un saúdo

Información Traballo Bioloxía e Xeoloxía IV (1º ESO A e C)

Bo día:

 

Imos rematar o curso repasando algúns conceptos da 1ª avaliación e para iso propóñovos a seguinte actividade:

 

Tedes que ver os vídeos que aparece na páxina deste enlace http://escoladecasalonga1.blogspot.com/2017/09/galileo-galilei-erase-una-vez-los.html sobre o científico Galileo Galilei e facer a actividade do arquivo adxunto

 

Tedes que entregar a actividade como data límite o venres 12 de xuño de 2020

 

Un saúdo

Información Traballo Bioloxía e Xeoloxía III (4º ESO A e B/C)

Moi boas:

 

Para estas dúas próximas semanas repasaremos a célula empregando un xogo para que sexa o máis ameno posible:

O xogo consiste no seguinte:

1. Irei deixando definicións diariamente sobre algunha estrutura da célula que vós teredes que adiviñar e enviar a resposta por correo.

2. Se a resposta é correcta (e chega dentro de prazo, é dicir, dentro do día correspondente) eu enviarei unha imaxe desa estrutura que teredes que gardar para empregar na actividade final que é a que tedes que entregar.

3. Ao final das dúas semanas seguintes tedes que elaborar unha célula coas estruturas que conseguírades e enviala por correo ( tedes que montar a célula coas imaxes que eu vos entrego, non vale usar outras).

4. O traballo debe entregarse con data límite o venres 29 de maio

 

PD: Os traballos fóra de prazo non serán correxidos, nin se entregarán imaxes de estruturas que non cheguen dentro do día correspondente.

Adxunto unha imaxe que será a célula sobre a que tedes que traballar ao final engadíndolle as estruturas que consigades

 

Un saúdo e a traballar

 

Pista de hoxe luns 18 de maio de 2020:

6. Son un armazón tridimensional de proteínas (normalmente filamentos de actina e microtúbulos) que dá soporte á célula, organiza as estruturas internas da célula e intervén nos fenómenos de división celular

Pista de hoxe martes 19 de maio de 2020:

7. Podo estar libre “ flotando ” polo citoplasma ou asociarme ao retículoendoplasmático facéndoo rugoso ( RER). Encárgome de sintetizar proteínas. Estou en todas as células, sexan procariotas ou eucariotas.

Pista de hoxe mércores 20 de maio de 2020:

8. Son un orgánulo relativamente grande.Fórmome no aparello de Golgi e teño forma de vesícula chea de encimas hidrolíticas que dixiren e degradan refugallos celulares. Por iso me chaman o “ estómago ” ou “ vertedoiro ” da célula. Tamén, podo degradar e “reciclar” orgánulos deteriorados.

Pista de hoxe xoves 21 de maio de 2020:

9.  Son un orgánulo que en realidade son 2. Isto débese a que se teño asociados ribosomas chámanme rugoso e se non, liso. Son un sistema de membranas en forma de sacos e estou relacionado coa síntese e transporte de moléculas (principalmente proteínas e lípidos)

Pista de hoxe venres 22 de maio de 2020 ( o luns poñerei unha pista extra para que poidades pedir algunha estrutura se vos falta):

10. Só estou presente en eucariotas. Teño unha dobre membrana e cristas. Din que son a central enerxética da célula porque grazas á respiración celular, obteño moita enerxía.

Pista "extra" de hoxe luns 25 de maio de 2020:

Esta definición fai referencia a un tipo delular. Serve para conseguir algunha estrutura das que estivemos vendo ao longo destas dúas semanas se é que vos quedou algunha rezagada.

Coa resposta correcta indicade que estrutura celular queredes a cambio desa resposta para que eu a envíe.

11. É un tipo de célula que ten todo o seu material xenético disperso polo citoplasma. Polo tanto non ten núcleo, nin tampouco outros orgánulos aínda que si ribosomas para fabricar as súas proteínas.

 

 

Lembrade que o traballo final consiste en montar unha célula coas estruturas que vos enviei utilizando como base a imaxe que adxuntei o primeiro día neste post. Podedes escoller entre os distintos tipos celulares a que prefirades (lembrade que o día que enviei os cloroplastos tamén ían a parede celular e o vacúolo na mesma imaxe) e que de cada estrutura tedes bastantes para poder incluír na célula as que consideredes oportunas. Iso sí, non se pode montar a célula con outras imaxes que non sexan as enviadas por min (nin doutra fonte nin usar unha que non conseguirades ao longo das semanas).

 

Información Traballo Cultura Científica III(4º ESO)

Moi boas:

 

Nesta terceira actividade propóñovos traballar un pouco máis sobre mulleres científicas (xa que fixéchedes os traballos pero non deu tempo a que puidéramos comentalos entre todos) desde un punto de vista un pouco lúdico.

A proposta é un xogo que consiste no seguinte:

1. Cada día  poñerei unha "pista" sobre unha muller relevante en ciencia e vós tedes que buscar información e intentar adiviñar quen é. 

2. Tedes que enviar o nome desa científica ao correo ao longo do día e se é correcto, eu enviareivos un "cromo" dela

3. Trátase de conseguir o maior número de "cromos" de mulleres científicas posibles.

4. Ao final de dúas semanas tedes que enviarme un documento cos cromos pegados que conseguírades e escoller unha desas mulleres e elaborar un pequeno traballo explicando o seu traballo e por que é importante e máis unha valoración sobre por que escollíchedes esa de entre todas as candidatas posibles ( extensión do traballo dunha cariña e media para cada cousa: traballo e argumentación de por que escollíchedes esa).

5. Entrega do traballo con data límite o xoves 28 de maio

 

P.D: Na actividade anterior algúns traballos chegaron fóra de prazo e xa advertín que serían os últimos que correxiría. As actividades fóra de prazo non se correxirán (nin se enviarán cromos que non cheguen dentro do día correspondente)

 

Un saúdo e a traballar

 

Pista de hoxe luns 18 de maio de 2020:

6. Xeóloga e cartógrafa oceanográfica. Creou o primeiro mapa do solo oceánico e revelou a presenza de montañas submariñas, as dorsais centro-oceánicas.

Pista de hoxe martes 19 de maio de 2020:

7. Xenetista. Unha das primeiras científicas en describir os cromosomas X e Y e o seu papel na determinación do sexo.

Pista de hoxe mércores 20 de maio de 2020:

8. Bióloga que estudou os efectos daniños de pesticidas en paxaros e medio ambiente. o seu libro "primavera silenciosa" axudou a lanzar o movemento medioambiental

 Pista de hoxe xoves 21 de maio de 2020:

9. Química e cristalógrafa de raios X foi fundamental no descubrimento da estrutura do ADN. Tamén foi pioneira na análise molecular dos virus.

Pista de hoxe venres 22 de maio de 2020 (última):

10. Bióloga e profesora de anatomía. Gañou o Premio Nobel da Paz en recoñecemento á súa contribución no Desenvolvemento Sostible.

 

 

Información Traballo Bioloxía e Xeoloxía III (1º ESO A e C)

Moi boas:

Nesta nova proposta de traballo imos combinar o repaso do Reino animal cun xogo sobre o mesmo "Animal sorpresa"

Nos dous arquivos adxuntos deste post tedes:

- Unha ficha con 28 animais diferentes na que teredes que ir tachando animais en función dunha serie de pistas que vos irei dando día a día durante dúas semanas ata chegar a descubrir o "animal sorpresa"

- Unha ficha para completar a actividade unha vez cheguedes a saber de que animal se trata (esta é a que tedes que entregar no correo que xa vos indiquei nas actividades anteriores con data límite o mércores 27 de maio)

 

Polo tanto:

Tedes que estar pendentes cada día xa que se vos dará unha pista para ir descartando animais e poder chegar a descubrir de cal tedes que facer a ficha final (as pistas anteriores irán desaparecendo)

Na actividade anterior algunhas persoas entregaron dita actividade fóra de prazo, xa advertín que sería a última vez que as recollía e correxía. As entregas fóra de prazo non se correxirán. 

 

Un saúdo e a traballar.

 

Pista de hoxe luns 18 de maio de 2020: 

6. O animal sorpresa ten patas

Pista de hoxe martes 19 de maio de 2020:

7. O animal sorpresa non ten exoesqueleto

Pista de hoxe mércores 20 de maio de 2020:

8. O animal sorpresa non ten plumas

Pista de hoxe xoves 21 de maio de 2020:

9. O animal sorpresa é vertebrado

 Pista de hoxe (última) venres 22 de maio de 2020:

10. O animal sorpresa leva a cabo metamorfose

 

Información Traballo Bioloxía e Xeoloxía II (4º ESO A e B/C)

Boas:

 

Nova proposta de traballo e resolución do anterior:

 

Adxunto dous arquivos: O primeiro é a resolución dos problemas que vos propuxen facer anteriormente de repaso (se tedes algunha dúbida sobre eles podedes contactar para resolvela no mail que vos poño máis adiante)

O segundo é a nova actividade sobre xenética que espero vos resulte interesante e entretida para levar estas circunstancias. As indicacións de como facela creo que están bastante claras na mesma pero explícovos un pouco como está organizada.

A primeira páxina é un pouco de teoría de repaso para poder facela e a proposta de actividade; a segunda como debedes facela; a terceira a imaxe do bebé T rex que tedes que modificar/refacer; a cuarta os cromosomas cos que debedes traballar e quinta e sexta as táboas que debedes entregar (xunto co voso debuxo do bebé T rex).

Aquí parece lioso pero en canto vexades a actividade o entenderedes sen problema.

 

Tedes que entregar as táboas cubertas e cuestións resoltas das dúas últimas páxinas, así coma o debuxo do voso T rex (escaneado, imaxe de teléfono... vale calquera formato pero esmerádevos no artístico) con data límite o venres 8 de maio ao correo iria.carba.vali@gmail.com que será desde agora o correo de entrega de traballos e tamén para calquera dúbida que teñades.

Se algún alumno de 4º A quere enviar tamén as fichas de lectura dos libros podedes facelo.

 

Un saúdo e coidadevos.

 

 

 

 

Información Traballo Cultura Científica II (4º ESO)

Boas:

 

Nova proposta de traballo para estes días:

 

Debedes ver o documental "Mi armario insostenible" de Rtve na sección A la carta, aquí vos deixo o enlace:

 

https://www.rtve.es/alacarta/videos/el-escarabajo-verde/escarabajo-verde-armario-insostenible/5122175/

 

Logo tedes que realizar a actividade adxunta sobre o mesmo e enviala á dirección iria.carba.vali@gmail.com que será a partires de agora a dirección de entrega de traballo e tamén para calquera dúbida que poidades ter.

A entrega ten como data límite o xoves 7 de maio.

 

Un saúdo e coidadevos.

Powered by Drupal - Design by artinet