Información Traballo Cultura Científica III(4º ESO)

Moi boas:

 

Nesta terceira actividade propóñovos traballar un pouco máis sobre mulleres científicas (xa que fixéchedes os traballos pero non deu tempo a que puidéramos comentalos entre todos) desde un punto de vista un pouco lúdico.

A proposta é un xogo que consiste no seguinte:

1. Cada día  poñerei unha "pista" sobre unha muller relevante en ciencia e vós tedes que buscar información e intentar adiviñar quen é. 

2. Tedes que enviar o nome desa científica ao correo ao longo do día e se é correcto, eu enviareivos un "cromo" dela

3. Trátase de conseguir o maior número de "cromos" de mulleres científicas posibles.

4. Ao final de dúas semanas tedes que enviarme un documento cos cromos pegados que conseguírades e escoller unha desas mulleres e elaborar un pequeno traballo explicando o seu traballo e por que é importante e máis unha valoración sobre por que escollíchedes esa de entre todas as candidatas posibles ( extensión do traballo dunha cariña e media para cada cousa: traballo e argumentación de por que escollíchedes esa).

5. Entrega do traballo con data límite o xoves 28 de maio

 

P.D: Na actividade anterior algúns traballos chegaron fóra de prazo e xa advertín que serían os últimos que correxiría. As actividades fóra de prazo non se correxirán (nin se enviarán cromos que non cheguen dentro do día correspondente)

 

Un saúdo e a traballar

 

Pista de hoxe luns 18 de maio de 2020:

6. Xeóloga e cartógrafa oceanográfica. Creou o primeiro mapa do solo oceánico e revelou a presenza de montañas submariñas, as dorsais centro-oceánicas.

Pista de hoxe martes 19 de maio de 2020:

7. Xenetista. Unha das primeiras científicas en describir os cromosomas X e Y e o seu papel na determinación do sexo.

Pista de hoxe mércores 20 de maio de 2020:

8. Bióloga que estudou os efectos daniños de pesticidas en paxaros e medio ambiente. o seu libro "primavera silenciosa" axudou a lanzar o movemento medioambiental

 Pista de hoxe xoves 21 de maio de 2020:

9. Química e cristalógrafa de raios X foi fundamental no descubrimento da estrutura do ADN. Tamén foi pioneira na análise molecular dos virus.

Pista de hoxe venres 22 de maio de 2020 (última):

10. Bióloga e profesora de anatomía. Gañou o Premio Nobel da Paz en recoñecemento á súa contribución no Desenvolvemento Sostible.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet