Información Traballo Bioloxía e Xeoloxía III (4º ESO A e B/C)

Moi boas:

 

Para estas dúas próximas semanas repasaremos a célula empregando un xogo para que sexa o máis ameno posible:

O xogo consiste no seguinte:

1. Irei deixando definicións diariamente sobre algunha estrutura da célula que vós teredes que adiviñar e enviar a resposta por correo.

2. Se a resposta é correcta (e chega dentro de prazo, é dicir, dentro do día correspondente) eu enviarei unha imaxe desa estrutura que teredes que gardar para empregar na actividade final que é a que tedes que entregar.

3. Ao final das dúas semanas seguintes tedes que elaborar unha célula coas estruturas que conseguírades e enviala por correo ( tedes que montar a célula coas imaxes que eu vos entrego, non vale usar outras).

4. O traballo debe entregarse con data límite o venres 29 de maio

 

PD: Os traballos fóra de prazo non serán correxidos, nin se entregarán imaxes de estruturas que non cheguen dentro do día correspondente.

Adxunto unha imaxe que será a célula sobre a que tedes que traballar ao final engadíndolle as estruturas que consigades

 

Un saúdo e a traballar

 

Pista de hoxe luns 18 de maio de 2020:

6. Son un armazón tridimensional de proteínas (normalmente filamentos de actina e microtúbulos) que dá soporte á célula, organiza as estruturas internas da célula e intervén nos fenómenos de división celular

Pista de hoxe martes 19 de maio de 2020:

7. Podo estar libre “ flotando ” polo citoplasma ou asociarme ao retículoendoplasmático facéndoo rugoso ( RER). Encárgome de sintetizar proteínas. Estou en todas as células, sexan procariotas ou eucariotas.

Pista de hoxe mércores 20 de maio de 2020:

8. Son un orgánulo relativamente grande.Fórmome no aparello de Golgi e teño forma de vesícula chea de encimas hidrolíticas que dixiren e degradan refugallos celulares. Por iso me chaman o “ estómago ” ou “ vertedoiro ” da célula. Tamén, podo degradar e “reciclar” orgánulos deteriorados.

Pista de hoxe xoves 21 de maio de 2020:

9.  Son un orgánulo que en realidade son 2. Isto débese a que se teño asociados ribosomas chámanme rugoso e se non, liso. Son un sistema de membranas en forma de sacos e estou relacionado coa síntese e transporte de moléculas (principalmente proteínas e lípidos)

Pista de hoxe venres 22 de maio de 2020 ( o luns poñerei unha pista extra para que poidades pedir algunha estrutura se vos falta):

10. Só estou presente en eucariotas. Teño unha dobre membrana e cristas. Din que son a central enerxética da célula porque grazas á respiración celular, obteño moita enerxía.

Pista "extra" de hoxe luns 25 de maio de 2020:

Esta definición fai referencia a un tipo delular. Serve para conseguir algunha estrutura das que estivemos vendo ao longo destas dúas semanas se é que vos quedou algunha rezagada.

Coa resposta correcta indicade que estrutura celular queredes a cambio desa resposta para que eu a envíe.

11. É un tipo de célula que ten todo o seu material xenético disperso polo citoplasma. Polo tanto non ten núcleo, nin tampouco outros orgánulos aínda que si ribosomas para fabricar as súas proteínas.

 

 

Lembrade que o traballo final consiste en montar unha célula coas estruturas que vos enviei utilizando como base a imaxe que adxuntei o primeiro día neste post. Podedes escoller entre os distintos tipos celulares a que prefirades (lembrade que o día que enviei os cloroplastos tamén ían a parede celular e o vacúolo na mesma imaxe) e que de cada estrutura tedes bastantes para poder incluír na célula as que consideredes oportunas. Iso sí, non se pode montar a célula con outras imaxes que non sexan as enviadas por min (nin doutra fonte nin usar unha que non conseguirades ao longo das semanas).

 

AdxuntoTamaño
construye-la-celula-3-638.jpg26.79 KB

Powered by Drupal - Design by artinet