Skip to Content

2º bacharelato

Información ABAU 2019

Nesta presentación tedes toda a información sobre as probas ABAU de xuño e xullo de 2019.

Premios extraordinarios de Bacharelato

O día 11 de abril, publicouse no DOG a Orde do 28 de marzo de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/19.

Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que obtivera unha nota media de bacharelato igual ou superior a 8,75 e cumpra os requisitos recollidos na convocatoria.

O prazo de presentación comezou o pasado día 29 de abril e remata o 28 de maio de 2019.

Calendario fin de curso 2º de bacharelato. Convocatoria Ordinaria e Extraordinaria

Xúntase o calendario de final de curso 2018/19 para 2º de BACHARELATO, convocatoria ordinaria e extraordinaria. Inclúe datas de exames e entrega de notas, prazos de reclamacións e de matrícula para as ABAU e outras novas importantes.

Horario xuño 2019 de exames de 2º Bacharelato diúrno e pendentes 1º Bac, convocatoria extraordinaria:

Premios extraordinarios de Bacharelato

O día 11 de abril saiu publicado do DOG a Orde pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato, para o alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2018/19 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 29 de abril e remata o 28 de maio de 2019.

Máis información

Cambio de sede das probas ABAU - Setembro 2018

Acabamos de recibir comunicación da Universidade de Vigo indicando que, por problemas de aulas, as probas ABAU de setembro para o alumnado do IES Santa Irene serán na Facultade de Ciencias Xurídicas.

Presentación ás 8:50 horas.

 

Calendario fin de curso 2º de bacharelato

Xúntase o calendario de final de curso para 2º de bacharelato. Inclúe datas de exames e entrega de notas, prazos de reclamacións e de matrícula para as ABAU e outras novas importantes.

Convocatoria Premios Extraordinarios de Bacharelato 2017/2018

Poderá presentarse calquer alumna ou alumno que finalice os estudos de bacharelato no curso 2017-2018 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e sexa proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso. Para poder optar a estos premios, a nota media do bacharelato terá que ser igual ou superior a 8,75.

O prazo para solicitalo será dun mes contado a partir do día 2 de maio de 2018.

Festa de despedida de bacharelato 2017

Por fin publicamos as fotos da festa de despedida do alumndo de 2º curso de bacharelato do ano 2016-17. Pedimos disculpas polo retraso. Pulsa na foto para acceder ao álbum.

Premios extraordinarios de bacharelato 2016-2017

O día 4 de maio, publicouse no DOG a Orde do 24 de abril de 2017 pola que se convocan os premios expraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2016-2017.

Calendario PABAU (Proba de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade) 2017

Calendario coas datas que interesan ao alumnado de 2º de Bacharelato sobre a PABAU (Proba de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade) e a matriculación nos Graos do SUG (Sistema Universitario Galego).

Distribuir contido


by Dr. Radut