Skip to Content

Benvid@s ao IES Santa Irene

Sexan vostedes benvid@s ao noso centro: O IES Santa Irene.

Distribuir contido

Novidades

Cualificacións finais convocatoria extraordinaria Bacharelato (Diúrno)

1º BACHARELATO

ENTREGA DE NOTAS

As cualificacións correspondentes á convocatoria final extraordinaria para os grupos de 1º Bacharelato publicaranse en ABALAR o xoves, día 22 de xuño, ás 20:00 h. Serán entregadas en formato físico polo/a titor/a o luns, día 26 de xuño, ás 13:00 h.

PERÍODO DE REVISIÓN E RECLAMACIÓNS

Cualificacións finais ESO (Diúrno)

ENTREGA DE NOTAS

As cualificacións correspondentes á 3ª avaliación e á avaliación final ordinaria para os cursos da ESO publicaranse en ABALAR o martes, día 27 de xuño, ás 20:00 h. Serán entregadas en formato físico polo/a titor/a o mércores, día 28 de xuño, ás 12:00 h.

PERÍODO DE REVISIÓN E RECLAMACIÓNS

O período de revisión e reclamación das cualificacións finais da convocatoria ordinaria serán os días 28 e 29 de xuño, entre ás 09:00 h ata ás 14:00 h.

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022-2023

Mañá, 31 de maio, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022-2023 cuxa Orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 14 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes é do 31 de maio ata o 30 de xuño.

Cualificacións finais 1º Bacharelato (Diúrno)

ENTREGA DE NOTAS

As cualificacións correspondentes á 3ª avaliación e á avaliación final ordinaria de 1º de bacharelato publicaranse en ABALAR o venres, día 09 de xuño, ás 20:00 h. Serán entregadas en formato físico polo/a titor/a a partir do luns, día 12 de xuño.

PERÍODO DE RECLAMACIÓNS

Enquisa de valoración da Biblioteca Escolar 2023

Desde o Equipo da Biblioteca Escolar do IES Santa Irene, queremos facervos chegar unha breve enquisa para avaliar, e así mellorar, o noso labor.

Estará dispoñible ata o 30 de maio.

Enquisa prema AQUÍ

Portas Abertas Universidade de Vigo curso 2023-24

Un ano máis, a Universidade de Vigo organiza unha Xornada de Portas Abertas 2023 en modalidade presencial que terá lugar o día 13 de xuño no Campus de Vigo.

 

Trátase dunha actividade aberta a todo o alumnado que se presente as probas ABAU, Bacharelato, ciclos de FP, familias e ANPAS, etc..

Calendario de exames Bacharelato Avaliación final Extraordinaria (Diúrno)

Publícase o calendario de exames da avalicaión final extraordinaria para o alumnado de 1º e 2º Bacharelato (materias pendentes de 1º Bach e materias non superadas de 1º e 2º Bach)

Lista definitiva de admitidos. Proceso de admisión 2023-2024

Publicada no tablón de anuncios do centro a lista definitiva de alumnado admitido para o curso 2023-2024.

Poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir de mañá, martes, día 16 de maio de 2023.

Xornada de acollida para alumnado de 1º ESO 2023-2024

Xornada de acollida para as famillias do alumnado admitido no procedemento ordinario de admisión do curso 2023-2024 no nivel 1º ESO.

Centros adscritos: CEIP Pintor Laxeiro e CEIP Canicouva

Data, hora e lugar: 13 de xuño de 2023 ás 18:00 h no paraninfo do IES Santa Irene

Incrición na xornada premendo AQUÍ



by Dr. Radut