Skip to Content

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022-2023

Mañá, 31 de maio, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022-2023 cuxa Orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 14 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes é do 31 de maio ata o 30 de xuño.

Achégase, en documento adxunto, unha folla resumo das características do premio con indicacións importantes sobre como realizar a solicitude desde a aplicación de PremiosEdu ou desde a Sede electronica.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D ou ben en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

AdxuntoTamaño
PREMIO_EXTRAORDINARIO_ESO_RENDEMENTO_2022-2023.pdf99.07 KB


story | by Dr. Radut