Skip to Content

Distribución de máscaras entre o alumnado

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade facilitará a entrega de máscaras para o alumnado matriculado nos niveis de ensino obrigatorio e educación especial (ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado (...)DOG 13 de novembro).

Beneficiarios

1. Alumnado que xa é beneficiarios da axuda para adquirir material escolar no curso 20/21 (non necesita facer solicitude)
2. Alumnado que non foi beneficiario da axuda para material escolar por diferentes circunstancias, pero:
    a) Pertence a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
    b) Está matriculado en educación especial, suxeito a tutela da Xunta de Galicia ou ten unha
        discapacidade igual ou superior ao 65%.

Prazo para solicitalo: Do 16 ao 27 de novembro, ambolos dous incluídos.

Procedemento (resumo):

1. Cubrir Anexo I e entregar no centro. (O anexo poden descargalo do adxunto ou recollelo no centro)
2. Entregar documentación complementaria, sempre e cando non fora xa entregada xunto á solicitude de material escolar do curso 2020/21:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou equivalente (todolos membros da unidade familiar)
c) Certificado do grao de discapacidade
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar
e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE. 

AdxuntoTamaño
DOG Distribución máscaras.pdf608.65 KB
Anexo I máscaras.pdf331.55 KB
Anexo II Comprobación datos membros computables.pdf338.97 KB
INSTRUCCIÓNS ORDE MÁSCARAS definitivo asinado.pdf209.18 KB


story | by Dr. Radut