Skip to Content

COVID-19

DATA, HORA E LUGAR PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS LIBRES (ESO) Convocatoria 1 setembro 2023. Información importante.

As probas celebraranse no IES Politécnico (Rúa do Conde de Torrecedeira, 88), en sesións de mañá e tarde, o día 1 de setembro de 2023 (convocatoria extraordinaria).

  Data de celebración: Venres, 1 de setembro de 2023

Actualización o Plan de Adaptación da Situación COVID no IES Santa Irene

No documento adxunto poderase consultar as medidas preventivas, colectivas e individuais adoptadas no IES para lograr un centro seguro e reducir, na medida das nosas posibilidades, o risco de contaxio da COVID19.

É un documento en permanente revisión, e será modificado en función das instrucións que recibamos das autoridades educativas e sanitarias, así como da experiencia que vaiamos tendo na súa aplicación diaria.

Distribución de máscaras entre o alumnado

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade facilitará a entrega de máscaras para o alumnado matriculado nos niveis de ensino obrigatorio e educación especial (ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado (...)DOG 13 de novembro).

Beneficiarios

1. Alumnado que xa é beneficiarios da axuda para adquirir material escolar no curso 20/21 (non necesita facer solicitude)
2. Alumnado que non foi beneficiario da axuda para material escolar por diferentes circunstancias, pero:
    a) Pertence a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
    b) Está matriculado en educación especial, suxeito a tutela da Xunta de Galicia ou ten unha
        discapacidade igual ou superior ao 65%.

Plan de continxencia do IES Santa Irene

No documento adxunto recollemos o Plan de Continxencia do IES Santa Irene, no que se establecen os procesos para o reinicio da actividade académica presencial no caso de que se teña interrompido a actividade lectiva como consecuencia da aparición dun abrocho que supoña o cese da actividade presencial nunha aula, etapa educativa ou centro.

Plan de adaptación á situación COVID do IES Santa Irene

No documento adxunto poderase consultar as medidas preventivas, colectivas e individuais adoptadas no IES para lograr un centro seguro e reducir, na medida das nosas posibilidades, o risco de contaxio da COVID19.

É un documento en permanente revisión, e será modificado en función das instrucións que recibamos das autoridades educativas e sanitarias, así como da experiencia que vaiamos tendo na súa aplicación diaria.

Recreos: zonas por curso e normativa a seguir

Cada curso terá unha zona restrinxida para o seu tempo de lecer, que deberá respectar e manter en todo momento a distancia recomendada de 1,5 metros.

Poderase ir á cafetería e ao aseo, esperando á súa quenda no exterior, en ringleira.

Equipo COVID IES Santa Irene

O equipo COVID do IES Santa Irene está formado por:

Patricia Mena Piñeiro (directora). Coordinadora do equipo COVID
Inma Peniza González (vicedirectora)
Francisco García Sanz (secretario)

No documento adxunto poderedes atopar as canles de comunicación e algúns aspectos recollidos no Protocolo vixente de adaptación ao contexto da COVID19. O teléfono 608567193 admite chamadas e whatsapp.

Zonas e horas de entrada para o alumnado

No arquivo adxunto podedes atopar información sobre as zonas polas que cada grupo debe entrar, en función da aula na que teña clase.

Rógase moita paciencia e respectar ao máximo as distancias de seguridade.

Documentación COVID para as familias

Nos documentos adxuntos atoparán unha autoenquisa que todo o alumnado debe realizar diariamente antes de ir ao instituto e a declaración responsable que todas as familias (ou alumnado maior de idade) deben asinar e entregar ao seu titor ou titora a primeira semana de clase.

Non hai que comunicar a enquisa ao centro, agás no caso de presentar algún síntoma. 

Diante da aparición de polo menos un dos síntomas, os proxenitores ou titores solicitarán consulta co seu médico ou pediatra e non enviarán ao alumno/a á clase.

Guía volta segura ás aulas

A Xunta de Galicia editou esta guía para clarexar algúns aspectos relativos ao inicio deste curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut