Con data 3 de decembro foi publicada a Resolución Definitiva da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, que concede ao instituto Santa Irene o 3º premio na categoría B dos Premios Proxecta de Innovación Educativa, polo proxecto realizado conxuntamente co IES Carlos Casares "O Prado fala galego".
Felicitamos á profesora Beatriz Martínez Cordeiro, coordinadora neste centro do proxecto, e a todo o profesorado e alumnado participante.
Os días non lectivos escollidos polo centro para este curso 2019-2020 son o venres 20 de marzo e o luns 4 de maio.
Lembramos que o vindeiro xoves 31 de outubro tampouco haberá clase por celebrarse o "Día do Ensino", segundo aparece contemplado no artigo 7.3 da Orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para este curso.
Desde a Concellería de Xuventude de Vigo, achégase información da Festa de Samaín que se organizará no proxecto estar de ocio.
O domingo 27 das 17:00 horas ás 21:00 h organizarase unha festa de Samaín dirixida a rapaces/as de 13 a 17 anos. Haberá merenda terrorífica, obradoiros de maquillaxe e caracterización, xogos terroríficos, música, baile e DJ. Os participantes poderán vir con disfraz. A entrada é gratuita, é necesario realizar unha inscrición previo en estardeocio@vigo.org.
Directiva ANPA,
No arquivo adxunto poden ler as recomendacións que o Servizo de Alertas Epidemiolóxicas enviou ante a comunicación dun caso de paperas entre o noso alumnado.
Horas de atención do profesorado aos pais, nais ou titores legais do alumnado
No documento adxunto figuran as horas dos titores e titoras dos diferentes grupos.
Publicamos as datas de entrega de traballos e dos exames parciais e finais das materias pendentes.
Ante calquera dúbida, preguntade aos xefes/as de departamento.
O mércores 16 de outubro celebraranse as reunións iniciais de curso das familias co equipo directivo, o departamento de Orientación e os titores e titoras de cada curso. Esperamos contar coa súa asistencia.
As horas de celebración das reunións serán:
3º e 4º de ESO: 18:30 horas. (A reunión de 4º ESO-B será o luns 21 ás 18:30 horas)
1º BACHARELATO: 19:00 horas
2º BACHARELATO: 19:30 horas
Publicamos as cualificacións provisionais das probas libres da ESO realizadas o pasado 6 de setembro de 2019.
O prazo de reclamacións remata o día 19 de setembro ás 14:00 horas.
Os resultados definitivos estarán dispoñibles a partir do día 20.
O luns 16 de setembro comeza o novo curso. Os horarios das presentación son os seguintes:
DIURNO
1º ESO: | 10:30 horas | 2º ESO: | 11:00 horas | |
3º ESO: | 11:30 horas | 4º ESO: | 12:00 horas | |
1º bacharelato: | 12:30 horas | 2º bacharelato: | 13:00 horas |
ADULTOS
Bacharelato: | 19:00 horas | ESA: | 23 setembro, 18:30 horas |
As clases comezarán o martes 17 de setembro, en horario habitual de 8:45 a 14:25 para alumnado de diurno e de 17:00 a 22:30 para alumnado de bacharelato adultos.
As clases para ESA (Educación Secundaria de Adultos) comezarán o luns 23 de setembro, co horario habitual de 18:30 a 21:45.
As datas e horarios serán as seguintes:
- Alumnado de ESO e bacharelato diúrno.- Do venres 6 (preferiblemente) ao martes 10, de 9:00 a 14:00 horas
- Alumnado de bacharelato adultos.- Do 2 ao 13 de setembro (preferiblemente antes do 10)
- Alumnado de ESA 1º cuadrimestre.- Do 2 ao 13 de setembro (preferiblemente antes do 10)
Documentación necesaria: sobre de matrícula cuberto coas autorizacións correspondentes (aos alumnos do centro o titor xa llo entrega co boletín de notas; nos outros casos recoller en conserxería), boletín de notas, 2 fotos carnet e fotocopia do DNI.