Que son os libros?
(23 Pseudogreguerías para o Día do Libro)
Os libros son:
alfombras que tapan a ignorancia,
armas cargadas de futuro,
andeis que sosteñen o coñecemento,
atrís que soportan a sabenza,
bañeiras nas que nos mergullamos para enchouparnos de coñecemento,
bulsos que acubillan tesouros,
cabezais que vixían os nosos sonos/soños,
cadeiras nas que descansan os saberes,
cafés cos que fartamos a sede de coñecemento,
canchas para a práctica da lectura,
casa que nos protexe da intemperie do descoñecemento,
colares que nos arrodean de saberes,
devezos de eternidade,
fundas que protexen as palabras,
gabetas que agochan segredos,
gasolineiras onde enchemos a mente de saberes,
lámpadas que iluminan o noso espírito,
mesas de traballo dos lectores,
perchas das que colgan os coñecementos,
reloxos que poñen en hora o noso intelecto,
simulacros da vida mesma,
vasoiras que barren a ignorancia,
xanelas abertas ao coñecemento...