Novela nacida dunha historia real contada ao autor por un libreiro vigués. Masonería, nazismo, amor e traizón mestúranse nunha narración chea de sorpresas sobre a busca da verdade e o alto prezo a pagar por atopala. Uns náufragos alemáns son rescatados no estreito de Xibraltar. O capitán González, xefe dos rescatadores, recibe como recompensa un emblema de ouro e das súas conversas cos alemáns quédanlle gravadas dúas palabras: traizón e salvación. O emblema esconde unha apaixonante historia que nos leva, no Munich do período de entre-guerras, as aventuras de Paul Reiner quen, namorado da xudía Alys, vive coa súa nai e os seus tíos obsesionado por coñecer a verdade sobre a estraña morte do seu pai...
No mundo é sempre Primavera. Sempre. Sempre. Por moito que queiran e que intenten prohibila, afogala, asasinala rexurde xoven, pura, inmaculada, inocente, incontíbel, poderosa.
O mundo azul, Venus, Primavera: a primeira luz que nos aluma e lle dá ás cousas transparencia, reconciliando ao home co universo. E que fai que o noso instinto sexa un torrente caudaloso e puro.
A Primavera é Venus. Florentina Flora, loira como o bo trigo candeal, o ouro e o lume do sol nos seus cabelos fermosísimos que nos incendian totalmente cun lume que acaba consumíndonos.
A Primavera é azul: tal os ríos do noso bon país. Como as veas nas que corre -seiva fecundante- o noso sangue abrasado e soerguido que berra, canta, clama ao ceo e pide, sen máis, perpetuarse.
Nestes tempos revoltos e cheos de incertezas, que pasa co amor: cotiza á alza ou anda de capa caída? Escribe unha resposta aténdote as seguintes bases:
1. PARTICIPANTES: O concurso está aberto a todos os alumnos e alumnas do centro, de forma individual. 2. Os/As participantes deberán presentar os seus traballos (narracións, poemas, teatro, cartas...) escritos a ordenador ou con letra lexible, en calquera das linguas estudadas no centro. 3. Os traballos presentaranse baixo pseudónimo. Nun sobre adxunto pechado, co propio pseudónimo no exterior, incluiranse os datos do participante: apelidos, nome, curso e grupo. 4. A súa extensión non poderá exceder un DIN A4 (folio) polas dúas caras. 5. PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN: do martes, 14 de febreiro ao venres 23 de marzo de 2012, ámbolos dous inclusive. Os traballos presentaranse na Biblioteca do IES durante os recreos dentro de prazo citado e serán recollidos polo profesorado de garda na Biblioteca. 6. XURADO: O xurado cualificador estará integrado por membros representantes do equipo directivo, dos Departamentos de Linguas e do equipo de Biblioteca. 7. PREMIOS: haberá suculentos premios para os mellores traballos. 8.Os traballos premiados quedarán depositados no Instituto e publicaranse en formato impreso e dixital. 9. A participación no Concurso supón a aceptación das presentes bases.
Para que o amor non só mellore as expectativas do comercio, para que incremente tamén as nosas capacidades lectoras, ofertamos estas lecturas do amor e con amor.
O amor non coñece fronteiras nin linguas, o amor é cidadán do mundo e políglota, por iso namorémonos coa lectura, leamos namorados en todo tempo e lugar, en calquera lingua.
Amor e aventuras, a personaxe maligna e a bondadosa, os ladróns trangalleiros...
Novela queconta a historia de Serafina, filla dun ladrón de bicicletas e que vive con dona Perfecta, unha tía súa antiga soprano e antagonista da sobriña. Serafina ten unha bicicleta, de nome Celerífera, coa que soña chegar a ser equilibrista nun circo, para o que pon todo o seu empeño, contando coa axuda de Milo e do vello Elías (inventor e mecánico de bicicletas) e cos atrancos que lle ocasiona a panda de Martiño o Bravo. Polas súas habilidades Serafina é chamada "a bruxa" e a xente non se fía dela, mais pouco a pouco vanse descubrindo as artimañas da tía Perfecta grazas ao vello Elías...