V Concurso San Valentín

corazónV Concurso San Valentín

 
O amor en tempos de crise


Nestes tempos revoltos e cheos de incertezas,
que pasa co amor: cotiza á alza ou anda de capa caída?
 Escribe unha resposta aténdote as seguintes bases:

 

 

 
 

1. PARTICIPANTES: O concurso está aberto a todos os alumnos e alumnas do centro, de forma individual.
2. Os/As participantes deberán presentar os seus traballos (narracións, poemas, teatro, cartas...) escritos a ordenador ou con letra lexible, en calquera das linguas estudadas no centro.
3. Os traballos presentaranse baixo pseudónimo. Nun sobre adxunto pechado, co propio pseudónimo no exterior,  incluiranse os datos do participante: apelidos, nome, curso e grupo.
4. A  súa extensión  non poderá exceder un DIN A4 (folio) polas dúas caras.
5. PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN: do martes, 14 de febreiro  ao venres 23  de marzo de 2012, ámbolos dous inclusive. Os traballos presentaranse na Biblioteca do IES durante os recreos dentro de prazo citado e serán recollidos polo profesorado de garda na Biblioteca.
6. XURADO:  O xurado cualificador estará integrado por membros representantes do equipo directivo, dos Departamentos de Linguas  e do equipo de Biblioteca.
7. PREMIOS: haberá suculentos premios para os mellores traballos.
8.Os traballos premiados quedarán depositados no Instituto e publicaranse en formato impreso e dixital.
9. A participación no Concurso supón a aceptación das presentes bases.


Anímate e participa!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer