Febreiro 2012

A filla do ladrón de bicicletas

de

Teresa González Costa

Amor e aventuras, a personaxe maligna e a bondadosa, os ladróns trangalleiros...

Novela que conta a historia de Serafina, filla dun ladrón de bicicletas e que vive con dona Perfecta, unha tía súa antiga soprano e antagonista da sobriña. Serafina ten unha bicicleta, de nome Celerífera, coa que soña chegar a ser equilibrista nun circo, para o que pon todo o seu empeño, contando coa axuda de Milo e do vello Elías (inventor e mecánico de bicicletas) e cos atrancos que lle ocasiona a panda de Martiño o Bravo. Polas súas habilidades Serafina é chamada "a bruxa" e a xente non se fía dela, mais pouco a pouco vanse descubrindo as artimañas da tía Perfecta grazas ao vello Elías...

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer