Skip to Content

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

A Consellería de Educación vén de publicar no DOGA un anuncio sobre a distribución gratuíta de máscaras entre o alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia.

A orde establece que será beneficiario directo das mesmas o alumnado de Educación Secundaria que recibiu no presente curso 2020/2021 a axuda para material escolar, polo que o centro organizará a súa distribución.

Aquelas familias que non recibiron esa axuda poderán, igualmente, presentar unha solicitude (Anexo I e II) no centro antes do 24 de novembro para recibir máscaras gratuítas. Terán dereito a elas as familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.

Podedes acceder á convocatoria completa premendo no seguinte enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201113/AnuncioG0598-061120-0002_gl.pdf



page | by Dr. Radut