Skip to Content

CONVOCATORIA DE AXUDAS DO CONCELLO DE MUXÍA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/2021

O Concello de Muxía convoca unhas axudas para material escolar dentro do PLAN DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DE MUXÍA COVID-19 que teñen como finalidade  paliar os efectos negativos da crise sanitaria do coronavirus  .

Para optar ao beneficio de bolseiro/a deberán estar empadroados/as no concello de Muxía tanto o/a alumno/a como a persoa solicitante da axuda e convivir no mesmo domicilio.

O prazo de presentación das solicitudes seráata o 20 de xullo. As solicitudes faranse telematicamente na sede electrónica do Concello de Muxía- no apartado de subvencións-, para o que o solicitante debe ter habilitada a firma electrónica. Poden consultarse as bases na web municipal www.concellomuxia.com

Muxía, 6 de xuño de 2020.

O Alcalde, Santiago Toba Campaña

Consultar na páxina web do concello:

https://concellomuxia.com/2020/07/06/anuncio-convocatoria-de-axudas-concello-de-muxia-para-adquisicion-de-material-escolar-curso-20202021/

 



page | by Dr. Radut