Skip to Content

FAGAMOS DEPORTE EN IGUALDADE

II XORNADA DEPORTIVA INTERCENTROS COSTA DA MORTE

FAGAMOS DEPORTE EN IGUALDADE

ORGANIZA:

 

 

 

COLABORA:

 O vindeiro xoves 16 de Maio imos celebrar no IES Ramón Caamaño a "II Xornada Deportiva Costa da Morte" baixo o lema: "Fagamos Deporte en Igualdade", co que pretendemos a visibilización e maior participación feminina no mundo do deporte e, en concreto, do deporte escolar. Será unha xornada lúdico-deportiva e de convivencia na que participarán 300 rapaces de varios centros educativos da comarca: IES Fin do Camiño de Fisterra, IES Agra de Raíces de Cee, IES Fernando Blanco de Cee e IES Ramón Caamaño de Muxía.

O obxectivo que persegue esta II Xornada é a de retomar aquelas competicións deportivas e ligas intercentros que se celebraban na época da antiga EXB e consolidarse como un evento anual que sirva para poñer en común ós centros educativos da comarca , establecer pontes, crear lazos, recoñecerse na diversidade e poñer en práctica e dar valor a pequenos proxectos en común desde unha perspectiva lúdica e de convivencia. Outros obxectivos primordiais que persegue esta Xornada son fomentar hábitos de vida saudables a través do deporte e aprender a compartir o tempo de lecer de forma lúdica. Así mesmo, aproveitamos e aproveitámonos da data de celebración para reivindicar, dar valor e visibilizar o día das Letras Galegas, adicadas este ano a “Antón Fraguas Fraguas”.

09:00 a 13:30 horas: Recepción dos institutos e comezo das competicións deportivas no Pavillón Municipal e nas pistas deportivas do IES Ramón Caamaño

13:30 a 14:00 horas:  Volta a Muxía 2,5 K.

  • IES Ramón Caamaño e Rúa Castelao (Saída)
  • Rúa Manuel Lastres
  • Rúa Mariña
  • Rúa Virxe da Barca
  • Rúa Atalaia
  • Rúa Ramón Caamaño
  • Rúa Areal
  • Praza do Coído e Avda. Doctor Toba (Meta)

14:00 horas: Camiñada desde o centro e Xantar-Convivencia na Praia de Espiñeirido se o tempo o permite. Xogos populares e tradicionais na praia.

17:00 horas: Volta ó instituto. Entrega de premios. Despedida dos centros visitantes e regreso ós domicilios.

 



page | by Dr. Radut