Skip to Content

Celebración do Entroido

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO 2018

O día 9 de Febreiro celebramos no noso centro a festa do Entroido con diversas actuacións moi entretidas e interesantes.

En primeiro lugar, o mago Román amenizou o inicio da celebración con varios trucos de maxia, coa axuda nalgúns deles de certos rapaces como Eloy, Kefrén, Elías, Kevin ou Iria...

Posteriormente pasamos ó concurso de traxes de Entroido.

A nivel individual, participaron os seguintes alumnos: Kefrén Alvite Moure, Valeria Cousillas Carrera, Miguel Haz Vilela e Mario Bermúdez Lago.

Os gañadores desta modalidade foron:

PRIMEIRO PREMIO - Kefrén Alvite Moure

SEGUNDO PREMIO - Mario Bermúdez Lago.

A nivel colectivo, participaron: no primeiro grupo, Laura López, Lorena Canosa e Tamara Santos; no segundo grupo, Lucas Moreira, Gisela Riveiro, Darío Castiñeira, Thalía Fandiño, Laura Castro e Sara González; no terceiro, participaron Damián Canosa, Adrián Canosa, Karina Bermúdez e Ruth Lema; finalmente, no último grupo, participaron Sheila Rey, Laura Moreira, Paula Vilela, Adriana Toba, Soledad Fandiño e Mireia Lemus.

Os gañadores desta modalidade foron:

PRIMEIRO PREMIO - Damián Canosa, Adrián Canosa, Karina Bermúdez e Ruth Lema.

SEGUNDO PREMIO - Lucas Moreira, Gisela Riveiro, Darío Castiñeira, Thalía Fandiño, Laura Castro e Sara González.

Para a presentación das actuacions contamos coa axuda inestimable do alumno Elías Valencia, e actuaron como xurado catro profesores e o director do centro. Por outro lado, moitos alumnos subiron a ensinar os seus traxes de Entroido, algúns moi elaborados e orixinais!

 

Por outro lado, o equipo de Dinamización celebrou un concurso gastronómico de Entroido, que contou cun xurado formado por cinco persoas, entre os que se atopaban profesores, un alumno e a representante da cafetería. As recetas gañadoras, que poden consultarse no blog de Dinamizacion. foron dos seguintes alumnos:

PRIMER PREMIO - Nerea Paz e Valeria Cousillas (empate).

SEGUNDO PREMIO - Deserto

TERCEIRO PREMIO - Laura Figueroa.

Outros premios déronse ós alumnos Laura Castro e Román Gómez.

Tras o concurso, contamos cun pequeno karaoke, que fixo bailar a nenos e adultos. E finalmente, os rapaces disfrutaron duns pinchos ofrecidos pola cafetería do centro, ata que chegou a hora de marchar para a casa.

Grazas ó alumnado e xurado pola súa participación!



blog | by Dr. Radut