Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2019


 O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado ao etnógrafo e historiador Antonio Fraguas. Se queres achegarte á súa figura, podes acceder aquí á información que ofrece o Portal da Lingua Galega.

 

 Ademais, para festexar esta data, na semana do 13 ao 20 de maio levaremos a cabo as seguintes actividades:

- A partir dos carteis da exposición "Insuela", enviados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e colocados na entrada do instituto, poderemos achegarnos á traxectoria vital e o legado intelectual de Antonio Fraguas.

 

 

 

- A exposición "As Letras Galegas no tempo", organizada polo EDLG e a Biblioteca, ofreceranos unha mostra de diversas obras escritas por autores e autoras homenaxeados neste día. Estará situada na entrada do centro e na Biblioteca.

 

 

 

-O 16 de maio organizarase no centro unha xornada deportiva que levará por nome "Fagamos deporte en igualdade". Como no curso pasado, esta actividade permitiranos combinar os xogos no pavillón polideportivo con actividades ao aire libre e a reivindicación da nosa lingua. Para máis información, consulta o seguinte enlace.

 

-Colocaranse na planta baixa dous murais sobre lendas e personaxes lendarios que foron elaborados polos alumnos de 1º de ESO na materia de Investigación e Tratamento da Información. A través deles poderemos coñecer mellor a nosa historia máis máxica, parte esencial desa cultura popular que tanto estudou Antonio Fraguas.

 

 

 

 




23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO


 

Para conmemorar esta data, aquí van algunhas reflexións sobre a lectura:

 

"Un libro debe ser o facho que rompa o mar xeado que hai dentro de nós". Franz Kafka.

"Un lector vive mil vidas antes de morrer. O que nunca le só vive unha". George R.R. Martin.

"Lemos para saber que no estamos sós". William Nicholson. 

“Le e conducirás, non leas e serás conducido". Santa Teresa de Xesús.  

 “Os libros son as abellas que levan o pole dunha intelixencia a outra". James Russell Lowell.  

“A literatura é a forma máis agradable de ignorar a vida”. Fernando Pessoa.

 

Ademais, o EDLG e a Biblioteca organizaron, os días 24 e 25 de abril, un obradoiro de marcapáxinas nos recreos.

O primeiro día fixemos marcapáxinas de esquina:

 

E o segundo, empregamos flores e follas secas para facer uns marcapáxinas rectangulares plastificados:

 

 

 

 

Se queres imprimir as "plantillas" que empregamos, fai click no título deste artigo e descarga o documento adxunto que aparece ao final.

 


Ficheiros adxuntos:


CONCURSO "E TI ONDE LES?"


 

     O día 23 de abril é o Día Mundial do Libro; por iso, o EDLG e a Biblioteca convocan un concurso de fotografía no que poderedes amosar onde ledes e como o facedes: paseando por un campeiro, tomando o sol na praia, descansando no Corpiño, navegando pola ría, sachando nunha leira...

BASES

  • Os alumnos participantes deberán aparecer nunha fotografía co libro que prefiran (sería perfecto que se vise o título) e despois engadir sobre ela unha frase propia ou allea en galego que estea relacionada cos libros e/ou coa lectura ou que simplemente lles resulte inspiradora. No caso de empregar as palabras doutra persoa, deberá citarse o seu nome.
  • A fotografía co texto engadido deberán enviarse por e-mail á seguinte dirección: ies.ramon.caamano@edu.xunta.es (AVISO: No caso dos alumnos menores de 14 anos, serán os pais ou titores legais os que envíen o e-mail).
  • No asunto do correo deberá figurar a referencia “Concurso Fotografía Día do Libro” e no corpo, os datos do concursante (nome, apelidos e grupo).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

  •  Ata o xoves 25 de abril de 2019.

 

PREMIOS

  • Un xurado formado por profesores e alumnos seleccionará as tres imaxes gañadoras. Valoraranse a creatividade e o sentido artístico. Os autores das mesmas recibirán como agasallo un libro cada un. 

 




21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA


 

   Desde o IES Ramón Caamaño celebramos o Día Mundial da Poesía cunha mostra de caligramas e poemas ilustrados realizados polos alumnos de 1º ESO A. Son todas composicións de autores destacados das nosas letras como Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Manuel María, Uxío Novoneyra, Helena Villar, Antonio Noriega Varela ou Luis Amado Carballo.

 

ACHEGÁDEVOS A LELOS!!!

 

 

 

 




8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


 

  Para conmemorar este día, fixemos na entrada do centro unha EXPOSICIÓN SOBRE MULLERES de diferentes nacionalidades que tiveron ou teñen hoxe en día un papel relevante en ámbitos como o da ciencia, o activismo político e social ou a arte. Isto foi posible grazas aos carteis que os alumnos de 1º de ESO fixeron na materia de Investigación e Tratamento da Información

 

 

 

 

 

 

 




GAÑADORAS DO CONCURSO GASTRONÓMICO DE ENTROIDO 2019


 

Neste concurso, organizado polo EDLG, o Departamento de Lingua Galega e a Biblioteca, participaron cinco alumnos que presentaron estas apetitosas sobremesas:

 

 

As receitas gañadoras foron:

 

 

1º PREMIO: BISCOITO DE LARANXA E IOGUR

SOFÍA V. (2º ESO A)

 

 

2º PREMIO: BICA

ROSALÍA V. (1º ESO A)

 

 

3º PREMIO: ROSCAS

MICHAELA C. (2º ESO B)

 

 

 

Ao final deste artigo incluímos as receitas en formato pdf, por se che interesa descargalas.

 


Ficheiros adxuntos:


Distribuir contido


by Dr. Radut