Webquests

WEBQUESTS

A idea de WebQuest foi desenvolvida en 1995, na Universidade Estatal de San Diego. Desde entón constituese nunha das técnicas principais de uso e integración de Internet na escola.

De acordo cos seus desarrolladores, Bernie Dodge e Tom March , unha WebQuest é unha actividade orientada á investigación na que a maior parte da información que se debe usar está na Web. É un modelo que pretende rendibilizar o tempo dos estudantes, centrarse no uso da información máis que na súa procura e reforzar os procesos intelectuais nos niveis de análises, sínteses e avaliación

WebQuests ofrecen un modelo ideal para os docentes que buscan o xeito de integrar Internet no aula. Cada WebQuest ten unha tarefa clara ou un problema específico cunha gran cantidade de enlaces que se relacionan cun tópico ou co contido do área de estudo dun curso determinado.

WebQuests a curto prazo (MIniwebquest):
A meta educacional dun WebQuest a curto prazo é a adquisición e integración do coñecemento dun determinado contido dunha ou varias materias e deséñase para ser terminado dun a tres períodos de clase.

WebQuests a longo prazo:
Deséñase para realizalo nunha semana ou un mes de clase. Implica maior número de tarefas, máis profundas e elaboradas; adoitan culminar coa realización dunha presentación cunha ferramenta informática de presentación (Powert Point, páxina web,..)

 

   Paxina web moi completa que explica detidamente a estructuración das webquests así coma "as cazas do tesouro" unha actividade xinsela  para utilizar internet nas aulas.
Tamén  introducenos no manexo de ferramentas para elaborar exercicios interactivos coma Hotpotatoes e Clio.
Ademais de outros recursos educativos, todo elo vai acompañado de numerosos exemplos.

 

   

                  

             

 

                            

Powered by Drupal - Design by artinet