INFORMACIÓN XERAL
- PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA CURSO 2020-21
O departamento de tecnoloxía ofrece unha formación amplia e completa xa que abrangue as seguintes materias:
TECNOLOXÍA
2ESO Tecnoloxía 3h semanais Obrigatoria
3ESO Tecnoloxía 2h semanais Obrigatoria (inglés)
4ESO Tecnoloxía 3h semanais Optativa
1BACH. Tecnoloxía Industrial 1 3h semanais Optativa
2 BACH. Tecnoloxía Industrial 2 3h semanais Optativa
A materia de TECNOLOXÍA ten un enfoque teórico-práctico, polo que dispoñemos de dúas aulas -taller nas que os alumnos/as poden realizar as prácticas e/ou os proxectos de cada avaliación ( un proxecto por avaliación, normalmente de carácter individual).
Tamén se complementa na aula de informática co manexo de programas específicos do ámbito tecnolóxico, como simuladores de circuitos eléctrónicos e neumáticos, programas de debuxo técnico como o QCAD , programación Scratch,Arduino...etc
T I C
4ESO TIC 3h semanais Optativa
1 BACH TIC1 3h semanais Optativa
2 BACH TIC2 3h semanais Optativa
Materia de carácter práctico na que se trata de achegarlle ao alumnado as habilidades necesarias para adaptarse aos cambios propios desde ámbito tecnolóxico da información e da comunicación ( redes, seguridade,programación, software e hardware, edición de so,imaxe,vídeo, etc).