Homenaxe Castro Bolaño

VIII MEMORIAL CASTRO BOLAÑO 2009

Trátase dun acto que xa ten algunha tradición no centro. É un concerto memorial adicado á figura de José María Castro Bolaño, que foi profesor de Matemáticas do IES Rafael Dieste dende a súa apertura no ano 1989. Un inesperado e fulminante fallo no seu corazón levouno para sempre a finais do mes de xullo de 1996. Segundo os seus compañeiros de Departamento, era un gran profesor de matemáticas, ben recordado polos seus alumnos. Tiña ademáis outras moitas inquedanzas, das que dan fe os seus múltiples amigos. Entre estas aficións atopábase a música. Era un gran melómano, cuns coñecementos musicais que impresionaron mesmo ao primeiro profesor desta asignatura no centro. A súa homenaxe póstuma consistiu nun recital poético-musical, que rematou cun concerto da Orquesta de Cámara Galega, dirixida polo mestre Rogelio Groba, fillo. Este concerto foi o inicio deste Memorial que hoxe chega á súa oitava edición.

Este concerto celebrouse o Venres 3 de Abril ás 12:30h no Salón de Actos dos nosos veciños, o Conservatorio Superior de Música de A Coruña. Foi a última vez que se celebrou este evento, debido a que deixamos de impartir o bacharelato musical no instituto.

Parte1

Parte2

Parte3

Parte4

Parte5

Powered by Drupal - Design by artinet