Blogue 'Arquivos Do Trasno'

BLOGUE DA BIBLIOTECA

 

Estimados compañeiros, alumnado e familias:
O noso centro é membro do "PLAMBE" (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) dende o curso 2010-11.

Podedes visitar o blogue da biblioteca do noso instituto en: ARQUIVOS DO TRASNO. Xa levamos moitos anos e cursos (dende o 2008) informando sobre todo o que acontece na nosa Biblioteca de Centro, todas as actividades que organizamos, todas as visitas de escritores/autores ao noso centro, o fomento de lectura e noticias relacionados con autores, libros...

Necesitamos a vosa participación para que sexa realmente un medio dinámico de comunicación entre todos nós.

Podedes mandar as vosas colaboracións (traballos creativos, opinións, suxestións, etc) ao seguinte enderezo de correo: bibliodieste@hotmail.com

Un saudo,
O equipo de profesores da biblioteca.

Dende este curso 2019-20, participamos no programa "Radio na Biblio", dentro do Plan LIA (Lectura, Información e Aprendizaxe) das Bibliotecas Escolares do PLAMBE.

 

EQUIPO DA BIBLIOTECA CURSO 2020-21:

(en orde alfabética. *en negrita a coordinadora)

BEATRIZ CUESTA

CARLOS BLANCO

DORES CASTRO

ELOI RODRÍGUEZ

MAR NOCHE

MATILDE DE CAL*

RAMÓN NEIRA

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet