FESTA DE DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 2ºBAC 2009

 



(Fotos: Alumnado 2ºBAC coa Directora)


O pasado venres 29 de Maio a partir das 20:30h celebrouse no Instituto, con grande éxito, a Festa de Despedida dos Alumnos de 2º de Bacharelato do curso académico 2008-09.


O acto tivo duas partes. A primeira, unha parte académica no Salón de Actos, con discursos por parte da Directora e dunha alumna, Zaira Enríquez Prieto, coa entrega da Orla do curso e unha colección de fotos de recordo para cada alumno/a, e actuacións dos propios alumnos que cantaron ("Something stupid", "Nothing else matters"...), bailaron (demostrando un dominio de estilos), interpretaron instrumentos (violín, frauta travesera, piano, guitarras) e actuaron (unha parodia de "Friends"). E a segunda parte para finalizar, unha cea-buffet no patio central do instituto. Participou  toda a comunidade escolar: alumnado, profesorado e familias. Divertímonos moito, a pesar da calor. Noraboa a todos os alumnos.


O XOVES 11 DE XUÑO SAIU PUBLICADA A FOTO DA PROMOCIÓN DE 2ºBAC 2009 EN "LA VOZ DE GALICIA"           


(Última páxina de "La Voz de A Coruña", páxinas centrais do xornal)

Powered by Drupal - Design by artinet