As viaxes que inclúe o noso instituto:
- DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA: SEMANA BRANCA, xeralmente en xaneiro viaxe a Andorra para practicar esqui. Acompañados polo profesores Xosé Ramón Domínguez, Aida Aneiros Corral e outros puntualmente.
- DEPARTAMENTO DE GREGO: VIAXE A GRECIA, para visitar os vestixios da cultura grega. Acompañados polas profesoras Matilde de Cal e outros. Non todos os cursos.
- DEPARTAMENTO DE INGLÉS: INTERCAMBIO ESCOLAR: Viaxe de estudios de intercambio entre alumnos do noso centro e o Willstätter Gymnasium de Nuremberg (Alemania). Recibimos o alumnado alemán no noso centro e logo imos o grupo de alumnado noso alí. Organizado polo Departamento de Inglés. Máis información en detalle AQUÍ.
Aquí se organizan varias saidas para eles: Almorzo de benvida no Instituto. Visita á Casa das Ciencias-Planetario. Excursión de medio día a Pontedeume e Betanzos. Excursión de día completo á Costa da Morte ou Rías Baixas. Visita á Torre de Hércules e a Torre de Control Marítimo. Vistas á Casa dos Peces e a Domus. Visitas ao Monte de San Pedro. Visita a Santiago de Compostela. En Alemania tamén teñén visitas organizadas á cidade de Nuremberg, Munich...
Este intercambio convertiuse en bianual. Se non corresponde o curso de intercambio, inténtase facer unha viaxe a outro lugar. Xa se fixeron viaxes a Estocolmo (2005), Italia (2006), Dublín (2014) e Londres (2016). Contactouse cun novo instituto alemán en Kronberg im Taunus, preto de Frankfurt, e hai intentos con centros ingleses.
- Algúns cursos organizáronse viaxes a París, con profesorado de música (Beatriz López-Suevos) e historia (Inma Mato).
Seguimento dalgunhas das viaxes:
- INTERCAMBIO CON KRONBERG (ALEMANIA) 2019
- INTERCAMBIO CON NÚREMBERG (ALEMANIA) 2018
- VIAXE A LONDRES (REINO UNIDO) 2017