Actividade Globalizadora (Proxecto Intermodular: CAS-MIS-AXC) Terceiro Trimestre (Covid-19)

ACTIVIDADE GLOBALIZADORA ( AXC, MIS E CAS)

A continuación presentamos a tarefa que deberedes realizar para continuar cos módulos de AXC, MIS  e CAS. A idea é que DESEÑEDES E LEVEDES A CABO actividades propias do voso ámbito profesional que se adapten ás circunstancias tan excepcionais que estamos vivindo. É necesario deseñar/programar unha actividade e poñela en práctica neste trimestre.

Trátase dunha actividade grupal, na que, ademais da posta en práctica, deberedes entregar dous documentos. Máis abaixo (NO DOCUMENTO ADXUNTO) dámosvos algunhas ideas pero, por suposto, poderedes facer algunha outra cousa que se vos ocorra (consultádea con nós antes de comezar).

A actividade deberes realizala, preferiblemente, en grupos de máximo 3/4 persoas. De modo excepcional, se por algún motivo concreto alguén non puidera realizala en grupo, poderá realizala individualmente avisando sempre con antelación a algún dos/as profes e esperando a que lle dea o visto bo.

A data límite para entregala é o 22 de maio, aínda que deberedes facer unha primeira entrega o día 6 de maio. Para este día deberedes presentar os obxectivos e unha idea do que queredes facer e como ides facelo. Pensade que o 22 de maio tedes que presentar os documentos, pero nese tempo entre hoxe e o 22 de maio tamén tedes que desenvolver a tarefa pensada/programada, tédeo en conta á hora de planificar e organizar os tempos (3 semanas e media).

AdxuntoTamaño
Actividade Globalizadora (Web).pdf531.23 KB