PLAN PROXECTA18-19: PROXECTO RÍOS ACTIVIDADE CICLO e FP Básica

Un grupo de alumnas e alumnos do IES Primeiro de Marzo, do ciclo de Formación Profesional Básica en “Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios” e do Ciclo Superior en “Animación Sociocultural e Turística”, coñeceron de primeira man o proceso tradicional de lavado de roupa no lavadoiro de Sabarís. A actividade, no marco do Plan Proxecta e concretamente dentro do
Proxecto Ríos que desenvolve o centro e que vai xa neste curso escolar 2018-2019 pola súa sétima edición, levouse a cabo grazas á colaboración de dúas veciñas do municipio e que ademáis son avoas de dous alumnos que participaron da actividade. Estas mulleres compartiron co alumnado os seus coñecementos e vivencias en torno ao proceso de lavado de roupa nos lavadoiros, respostando ás súas dúbidas e facendo unha demostración práctica. Para rematar a xornada, todos os alumnos e alumnas puideron experimentar en primeira persoa, guiados por estas excepcionais mestras, como era esta dura tarefa que, ata ben pouco, desenvolveron as mulleres ao longo da Historia.