AVISOS IMPORTANTES TRANSPORTE ESCOLAR

  • A partir do Luns día 11 o Servizo de Transporte Escolar funcionará con normalidade, tanto en horario de mañá como de tarde.

 

  •  Todo o alumnado que SOLICITOU o uso do transporte durante o proceso de matriculación poderá facer uso do mesmo. Isto inclúe as persoas CON dereito a transporte subvencionado (ESO e FPB) así como ás que NON teñen dereito ó mesmo (Bacharelato e Ciclo Superior)

 

  • O alumnado ÚNICAMENTE poderá empregar a Parada que marcou na solicitude (excepto que se lle comunique personalmente un cambio na mesma dende a vicedirección do centro). Un cambio de parada pode supoñer non poder subir ó Bus (para esa ou outras persoas).

 

  • Aquel alumnado que non o solicitou, ou que teña dúbidas de telo solicitado non pode facer uso do mesmo ata asegurarse a través da vicedirección do IES de se ten praza ou non. Se alguén sube a un Bus sen estar seguro de si ten praza pode provocar que outro alumno/a, que si fixo a solicitude, non teña sitio no bús e quede na parada sen poder subir.

 

  • O alumnado que NON ten dereito a transporte subvencionado, pero ó que se lle concedeu praza, debe ter en conta que esta praza concédese “en precario, o que significa que en calquera momento se pode perder esa praza de ser necesario empregala para alumnado que SI ten dereito.

 

 

  • Cambios Importantes realizados pola empresa de Transporte:

 

 

  • O alumnado que solicitou a parada Edificio Pirsa Mar debe subirse no Autobús Liña 1-Belesar (antes era Liña 5-Sabarís, pero agora é Liña 1-Belesar)

 

  • O alumnado que solicitou a parada Mougás-Cruce Camping debe subirse no Autobús Liña 4-Oia (antes era Liña 3-Baredo, pero agora é Liña 4-Oia)

 

  1. Horario de saída* das liñas de buses

 

Liña

Mañáns

Tarde do Luns

1-Belesar

07:55 h.

15:35 h.

2-Morade

08:00 h.

15:40 h.

3-Baredo

08:20 h.

15:35 h.

4-Oia

07:55 h.

15:35 h.

5-Sabarís

08:00 h.

15:40 h.

6-Baíña

07:56 h.

15:45 h.

 

*Información facilitada pola empresa concesionaria do transporte de alumnado. É o horario de saída dende a primeira parada en dirección ó IES.