Intercambio con Pornic # Sorteo

 Estimadas familias,

Hoxe venres 8 de xullo termina o prazo para facer a reserva do intercambio a Pornic. Neste momento hai máis solicitudes que prazas disponibles. Polo que o luns 11 de xullo procederemos ó sorteo público, aberto á todas as familias, que terá lugar ás 13h no salón de actos do IES.

Lembramos que entran no sorteo o alumnado de 4ºESO e 1ºBacherelato. O alumnado que non entra será o de 2ºBacherelato como ben explicamos na reunión do 27 de xuño e como está exposto na información da páxina web do centro.

As listaxes do alumnado de 4ºESO e 1ºBacherato que participa no sorteo estarán expostas nas primeiras horas da mañá do próximo luns 11 de xullo.

 

Un cordial saúdo