Skip to Content

Actividades

Mostra Internacional de Cinema Etnográfico organizada polo Museo do Pobo Galego

27/04/2023
Europe/Madrid

O alumnado de 2º ESO D do noso centro participou o pasado venres 21 de abril das actividades escolares da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico organizada polo Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, baixo o título de MICE Petís. A actividade foi unha proposta do departamento de Xegrafía e Historia en colaboración co de Música. Nesa xornada expuxéronse os traballos dos tres institutos implicados neste proxecto piloto, o IES de Arzúa, o IES de Cacheiras e o noso.

Charla buco dental para o alumnado de ciclos CAE e Dietética

21/04/2023
Europe/Madrid

Sofía Rey Martínez, doctora da Clínica dental Mares de Rianxo, ofreceu de forma voluntaria unha charla buco dental para o alumnado de ciclos CAE e Dietética. Unha conferencia moi interesante sobre a prevención dental e os seus coidados. 

Representacións alumnado de Oratoria de 2º ESO

20/04/2023
Europe/Madrid

O alumnado de 2° ESO C e D da materia de Oratoria, representa en público as obras de teatro e discursos creados na aula.

Podcast sobre radiociencia a cargo do departamento de Física e Química

Ola, Alberto Fernández, profesor de Física e Química e o su alumnado veñen de facer distintas actividades para a radio do centro. Como mostra ofrecennos este podcast para desfrute de todos.

Saúdos, 

Dirección

Taller mundobichos para 1 Eso organizado polo departamento de Bioloxía.

18/04/2023
Europe/Madrid

O alumnado de 1 ESO participa nun taller co que entrar en contacto con diferentes especies, organizado polo departamento de Bioloxía.

Taller de bichos

Saída ao cine do alumnado de 1º ESO

13/04/2023
Europe/Madrid

O pasado 27 de marzo, o alumnado de 1º da ESO disfrutou no cine da película Astérix et Obélix: L'empire du milieu nunha saída organizada polo departamento de Francés.

Día das matemáticas

14/03/2023 18:18
Europe/Madrid

O alumnado de 2º da ESO do IES da Pobra do Caramiñal realizou unha exposición de fotografía matemática e curiosidades polo día das matemáticas (14 de marzo) coordinados polos profesores de matemáticas Susana Pérez e Antón Fernández.

Taller de crepes

10/02/2023
Europe/Madrid

O pasado venres 10 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º da ESO participou nun taller de crepes organizado polo Departamento de Francés co motivo do Día da Candelaria.

Alumnado durante o taller de crepes

Alumnado de 2º ESO participa no proxecto piloto de Cine Etnográfico

25/01/2023
Europe/Madrid

O alumnado de 2º D participará no Proxecto piloto de Cine Etnográfico organizado polo Museo do Pobo Galego.

Alumnado de 4º da ESO visita a mostra da USC

24/01/2023
Europe/Madrid

Onte o alumnado de 4º da ESO do IES da Pobra do Caramiñal atendeu á mostra informativa que a Universidade de Santiago de Compostela presentou en Ribeira, co obxecto de coñecer a súa oferta académica e algúns aspectos da ABAU. 

Podes ver máis información neste artigo da Voz de Galicia

Distribuir contido


by Dr. Radut