Skip to Content

Mostra Internacional de Cinema Etnográfico organizada polo Museo do Pobo Galego

27/04/2023
Europe/Madrid

O alumnado de 2º ESO D do noso centro participou o pasado venres 21 de abril das actividades escolares da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico organizada polo Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, baixo o título de MICE Petís. A actividade foi unha proposta do departamento de Xegrafía e Historia en colaboración co de Música. Nesa xornada expuxéronse os traballos dos tres institutos implicados neste proxecto piloto, o IES de Arzúa, o IES de Cacheiras e o noso.

 

A mostra consistiu na proxección e comentario dos vídeos gravados en cada centro empregando a etnografía e o cinema como forma de achegarse á contorna do alumnado. Para iso estiveron a recibir formación nos últimos meses por un profesional do audiovisual, Bruno Arias, baixo o amparo do propio Museo do Pobo Galego.

 

 

O noso alumnado de 2º ESO D escolleu mostrar os lugares que para elas e eles son referentes na Pobra do Caramiñal, nas súas vidas na vila, creando un conxunto de seis pequenos vídeos apoiados na música e as imaxes. Os outros institutos presentaron traballos sobre a música tradicional e unha feira cabalar, a de Francos. Agardamos poder repetir a experiencia para vindeiros cursos. Parabéns ao alumnado polo seu traballo e participación nesa xornada.

 

 

 



story | by Dr. Radut