Skip to Content

O equipo de dinamización da lingua galega

Toda a información do Equipo do IES Pobra do Caramiñal nas seguintes pestanas:

LETRAS GALEGAS 2022 - FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

O poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán foi o persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022.O Concello da Pobra do Caramiñal en colaboración co EDLG organizaron un escape room donde o alumnado da ESO participou respondendo preguntas sobre as Letras Galegas.

No centro tamén se fixeron exposicións en colaboración coa Biblioteca mostrando un percorrido pola vida e obra do homenaxeado.

Álbum: Sen categoría -> Letras Galegas

MARCAPÁXINAS LETRAS GALEGAS 2022

Algúns dos marcapáxinas creados polo alumnado de 4º da ESO na materia de TIC. 

Álbum: TECNOLOXÍA -> Marcapáxinas 2022

Visita ao Museo do Gravado de Artes (Ribeira)

O alumnado de 1ª de bacharelato de Historia do Mundo Contemporáneo realizarou unha visita didáctica ó Museo do Gravado en Artes (Ribeira) en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Álbum: Sen categoría -> EDLG

Concurso de "Cartas de amor e amizade"

O venres 25 de febreiro entregáronse os premios do Concurso de "Cartas de amor e amizade" organizado polo Departamento de Galego e o EDLG. Parabéns!!

20220225_112927.jpg

Nadal coa Lingua

O alumnado de 3º e 4º da ESO realizaron estes traballos en Lingua galega relacionados co Nadal. Aquí podedes ver unha mostra.

Colabora o Equipo da Biblioteca

 

Contacontos con Paula Carballeira

09/12/2021 12:00
Europe/Madrid

O alumnado de dous grupos de 1º ESO asistiu a un contacontos con Paula Carballeira.

 

 

DÍA DO LECTOR 3 DE NOVEMBRO - XOSÉ NEIRA VILAS

O 3 de novembro conmemorouse o Día do Lector, en memoria da data de nacemento do escritor Xosé Neira Vilas. No IES da Pobra do Caramiñal o alumnado de 4º da ESO realizou unha lectura na Biblioteca do centro do seu libro "Memorias dun neno labrego" para conmemorar dita data.

EDLG e Biblioteca do IES Pobra do Caramiñal.

 

 

REFRÁNS E DITOS EN GALEGO NO MAGOSTO E SAMAÍN

O alumnado de 1º e 2º da ESO realizaron este mural con ditos e refráns populares relacionados co Magosto e Samaín. Aquí tedes unha mostra dos seus traballos.

 Actividade do EDLG en colaboración coa Biblioteca

RECURSOS PARA A LINGUA GALEGA

Recursos para a Lingua galega que podedes consultar na rede

  • Tradutor

http://tradutorgaio.xunta.gal/TradutorPublico/traducir/index 

  • Corrector da Lingua galega

http://sli.uvigo.es/corrector/index.php 

  • Dicionario da Real Academia Galega

https://academia.gal/dicionario 

  • Dicionario de sinónimos do galego

http://sli.uvigo.gal/singal/ 

Calendario EDLG do I.E.S da Pobra do Caramiñal 2021-2022

No arquivo adxunto tedes a vosa disposición o calendario imprimible realizado polo EDLG do I.E.S. da Pobra do Caramiñal para o curso 2021-2022

AdxuntoTamaño
Calendario EDLG da Pobra do Caramiñal 2021-2022.pdf287 KB

Concurso de máscaras do entroido

 

Parabéns para Ian Rodríguez, gañador do concurso de máscaras de entroido con esta fantástica mostra do seu arte.

 

Concursos de Entroido do EDLG

CONCURSO DÁNOS A TÚA CARA DO ENTROIDO
Forma de participación: Disfraza a túa cara, maquíllate, pon un sombreiro, tunéate e publica a foto da túa cara xunto cunha palabra en galego que se relacione coa imaxe na túa conta de Instagram co cancelo #iespobraentroido. 
As fotografías serán só da cara ata os ombreiros, nunca de medio corpo nin de corpo enteiro.
Antes de poñer a palabra na foto, comproba que a palabra é correcta en galego e está ben escrita.
Valoraranse aspectos como a creatividade, a boa execución e a corrección lingüística.
Se non tes conta en Instagram, envíanos a túa fotografía a edlg@iespobra.com e nós a publicaremos na nosa conta para que participes.
Unha persoa pode participar cantas veces queira sempre e cando se trate de diferente disfrace ou diferente maquillaxe.
Se unha persoa maquilla a outra, considerarase gañadora a propietaria da conta onde a imaxe sexa publicada.
Se nos enviades unha fotografía dunha persoa maquillada por outra e esa fotografía gaña a persoa premiada é a que nos enviou a foto.
Só poden participar persoas matriculadas no curso 2020-2021 no IES da Pobra do Caramiñal.
Premio: Vale por 30 euros en produtos culturais nun establecemento do concello da Pobra do Caramiñal.
Prazo de publicación das fotografías: O concurso dura todo o Entroido de maneira que podes publicar as túas fotos ata o Mércores de Cinza co Enterro da Sardiña, referímonos  ao mércores 17 de febreiro, incluído.
Xurado: A fotografía premiada será seleccionada por un xurado neutral elixido para a ocasión.
 
CONCURSO DE MÁSCARAS
Forma de participación: Fai dunha máscara unha obra de arte no Entroido. Poderás pintala, pegarlle cousas e alterala como ti desexes sempre a cando se trate dunha máscara de uso común, poden ser hixiénicas ou FFP2, tanto ten sempre e cando a máscara estea sen usar. No revés da máscara deberá figurar o teu nome, curso e primeiro apelido, pode estar escrito ou peqado dalgún xeito. Valoraranse aspectos como a creatividade e a boa execución.
Premio: Vale por 30 euros en produtos culturais nun establecemento do concello da Pobra do Caramiñal.
Prazo de entrega das máscaras: Ata o xoves 18 de febreiro incluído.
Forma de entrega: A máscara entregaráselle á titora ou titor quen á súa vez lla fará chegar ao vicedirector.
Xurado: A máscara premiada será seleccionada por un xurado neutral elixido para a ocasión.
 
Participa no Entroido do IES  e leva premios!!!

Calendario EDLG 1º e 2º trimestres

Ola, no ficheiro adxunto tes un bonito calendario do Equipo de Dinamización Lingüística do centro para poder usar como axenda. Descárgao e úsao para a túa organización.

 

AdxuntoTamaño
Calendario 2021 EDLG IES da Pobra do Caramiñal xaneiro-xuño.pdf1.25 MB
Calendario 2021 IES xaneiro-xuño.pdf1.25 MB

CONCURSO DE CARTEIS DE VIOLENCIA DE XÉNERO DO EDLG

Votación no Concurso de Carteis Contra a Violencia de Xénero do IES da Pobra
Na seguinte ligazón poderedes atopar o cuestionario para votar no concurso de carteis. Hai catro carteis finalistas escollidos polo xurado e agora será o público da comunidade educativa do IES da Pobra quen elixa o cartel gañador.
 
Só poderán votar as persoas que conten cunha conta de correo @iespobra.com
Só se permite un voto por persoa.
O prazo de votacións remata o venres 16 de decembro.
Moitas grazas pola vosa colaboración. 
EDLG

 

 
 
 

Parabéns os gañadores do tiralle da lingua

 

Carmela Fernández Hermo de 4º da ESO, e Lois Olveira Varela e Alexandra Pérez Montes de 1º da ESO resultaron gañadores do concurso Tiralle da Lingua, o centro obsequiaos cun vale de 30 € en productos culturais. Parabéns para os tres!

 

Semana contra a violencia de Xénero

Esta semana conmemoramos o día da  violencia de xénero  cunha serie de actividades para que desde o centro reflexionemos e actuemos contra esta lacra social

Martes 24  a acto Eu fun alguén, recreo de 1º as 11:15 no patio de arriba.

Mecores 25 Lectura Manifesto recreo de 2º as 12:05 no patio de abaixo

As 12:35 do mesmo día charla con Soledad Fajardo no Sum para 1ºBACH

Xoves 26 exposición e fallo do concurso dos carteis contra a violencia de xénero

Vernes 27 monólogos de Soledad Felloza nas ualas de 1º ESO C as 12:35 e en 1ºESO D as 13:25.

web_1.jpg

Tíralle da Lingua 2020 do IES da Pobra do Caramiñal.

 No seguinte enlace tedes unha lista de reproducción dos traballos dos vosos compañeiros, podedes votar polo voso favorito que terá premio. Animádevos a participar!!!
 https://www.youtube.com/playlist?list=PLfkmIAYlOaxZYlFojq8szfE0snnC-1_B3
tiralle

PILAR PONTE PREMIO DA CULTURA GALEGA POLO PROXECTO “21 DÍAS CO GALEGO”

Pilar Ponte Premio da Cultura Galega polo proxecto 21 días co galego, o IES da Pobra do Caramiñal é un privilexiado de poder contar cunha "Profa" coma ela.

PILAR PONTE PREMIO DA CULTURA GALEGA POLO PROXECTO “21 DÍAS CO GALEGO”

OBRADOIRO CLUB DE VÍDEO

Obradoiro impartido por Cristina aos nosos pequenos cineastas.

Álbum: CURSO 19-20 -> OBRADOIRO CLUB DE VÍDEO


book | by Dr. Radut