Skip to Content

Biblioteca do IES Da Pobra do Caramiñal

Aquí tes toda a información sobre a nosa biblioteca.

23 de Abril, Día do Libro

O día do libro a Biblioteca leandro lamas da IES da Pobra ten unha serie de recomendacións moi interesante para todo aquel que se achegue as suas instalacions

 

 

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

Para acceder ás fotos e ás actividades da biblioteca, pincha aquí

Obradoiro de Leandro lamas para 1º ESO

06/04/2021 10:25
06/04/2021 13:15
Europe/Madrid

Actividade Leandro Lamas martes 6 de abril

1ºA

10:25-11:25

Ámbito científico María Lapido

1ºB

11:45-12:35

Ámbito científico Iria

1ºC

12:35-13:25

Ámbito ling. Milagres

1ºD

13:25-14:15

Ámbito ling. Marta Carballeira

Día 21, Día da lingua materna

biblio

DÍA DA PAZ

 

Hoxe é o día da paz e a Biblioteca do centro quere compartir connosco este video de Uncef coa famosa canción "Imagine" de John Lennon

Exposición día da edición

 O labor dalgunhas editoriais pioneiras en Galicia como "LAR", "XERAIS" ou "GALAXIA" para impulsar as letras galegas e facer a nosa cultura universal vese recoñecido con esta conmemoración. Hoxe día 17 e "O día da edición", o equipo da biblioteca súmase a este evento ca exposición montada na biblio do centro. Non deixes de vela!

Libros de película

librosdepeliculalibrosdepelicula2

Unha exposición guiada dunha escolma de obras de ciencia-ficción con versións cinematográficas. Recollémolas no seguinte vídeo (23 minutos) e na presentación que o segue:

 

 

Libros con pegada

Exposición de fotografías de Carlos Piñeiro

expobolboretas

Na rede, podemos gozar das magníficas fotos de Carlos Piñeiro se visitamos este álbum.

Normas de uso.

 

 

  NORMAS DE USOpaxinas

 

 
  • A Biblioteca é un lugar para a lectura, para buscar información e para o estudo. Polo tanto, hai que gardar silencio.

  • Está prohibido comer e beber na Biblioteca.

  • Todos os materiais consultados deben ser colocados onde estaban ou sen entregados ao bibliotecario.

  • As actividades nos ordenadores deben ser autorizadas polo bibliotecario.

  • A navegación por internet será igualmente supervisada. Non está permitido o uso de programas de chat nin o acceso a páxinas de contido violento, sexista, pornográfico...

 

    

            PRÉSTAMOS

 

 
  • O préstamo será, como máximo, de 4 documentos.
 
   
  MÁXIMO DURACIÓN

LIBROS

3 15 días renovábeis

MULTIMEDIA

1 7 días non renovábeis

LIBROS + MULTIMEDIA

4

-

 

 
 
  • O préstamo de libros poderase renovar, sempre que o exemplar en cuestión non estea solicitado por outra persoa.

  • As enciclopedias, diccionarios e obras de consulta están excluídas do servizo de préstamo.

  • O atraso na devolución dos fondos sancionarase coa exclusión do lector do servizo de préstamo temporalmente. A sanción será de 1 día de suspensión por cada día de demora da devolución de cada documento.

  • En caso de deterioración ou extravío, o usuario está obrigado a repoñer a mesma obra ou similar, se estivese esgotada.

 

 

HORARIO

 

 
  LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
8:45-9:35          
9:35-10:25          

recreo

         
10:40-11:30          
11:30-12:20          

recreo

         
12:40-13:30          
13:30-14:20          
16:20-17:10          
17:10-18:00          
 
     

NOVAS LECTURAS NO ESPAZO FEMINISTA

Animámosvos a visitar o espazo feminista e diverx da nosa biblioteca, estreamos novas lecturas!!!

Ás de mosca para Anxo, de Fina Casalderrey

Título: Ás de mosca para Anxo

Autora: Fina Casalderrey

Editorial: Anaya

 

 

 

 

Recomendo ler este libro porque me parece moi interesante, pois mostra os valores da amizade e como unha nena "especial" pode chegar a ser como unha rapaza "normal" sen diferenza ningunha. Só necesita un pouco máis de axuda e coidado ao falar con ela. 

 

Estrela Canedo é unha rapaza cun desenvolvemento intelectual limitado que cando cando chega ao colexio é recibida polos novos compañeiros como unha intrusa. Na súa candidez consegue que valoren as súas cualidades como persoa por riba das capacidades intelectuais e ante o secuestro dun empresario logra converter os seus compañeiros en amigos.

 

Recoméndollelo aos nenos e nenas de entre 12 e16 anos, porque me parece un libro un pouco complicado para os máis pequenos e un pouco infantil para os maiores.

 

Antía Mosteiro Briones (2º ESO B)

Carta de una desconocida, de Stefan Zweig

AUTOR: Stefan Zweig

TÍTULO: Carta de una desconocida

EDITORIAL: Acantilado

 carta a unha descoñecida

Recomendo este libro porque é unha historia moi bonita e triste, que conta como unha muller está namorada do mesmo home desde que é pequena ata o momento da súa morte. A muller pasa moitas veces pola vida do home, incluso teñen un fillo xuntos, pero el non o sabe, xa que nunca a coñeceu, e cada vez que as súas vidas se cruzaban el cría que ela era unha muller nova, descoñecida. E aínda que cada vez el prometía acordarse dela, nada máis saír a muller da súa casa, el volvía esquecela. A novela é unha carta na que a muller lle conta ao home todos os momentos que pasaron xuntos.

Recomendaríalla á xente á que lle guste ler historias de amor. E, sobre todo, á moi sentimental, aínda que a quen non o sexa tamén penso que lle pode gustar, xa que -desde o meu punto de vista- é un moi bo libro.

NOA VARELA DOMÍNGUEZ (2º B)

Our Solemn Hour, de Within Temptation

AUTOR: Within Temptation

PEZA: Our Solemn Hour

DISCOGRÁFICA: Sony/BMG + Roadrunner Records

 

Recomendo este grupo porque fai un tipo de música que a xente non soe escoitar, xa que se trata de Symphony Gothic e moitas das súas cancións son de xénero rock gótico, rock heavy gótico ou reagge.

Teñen moitas cancións, videoclips, etc. que son algo así como de terror. Eu quixera destacar estas pezas: Our Solemm Hour, Ice queen, Our Farewe, Caged, Angels, Stand in my ground, Decieber of the fols, The promis, Briters wee, Final Dest, Running Up, The other, some were, The true beneath the rose, Never endi, the Howlin, etc.

Recoméndolle especialmente esta banda á xente á que lle guste o xénero gótico e a música en inglés. Pero non está dirixida a unha idade en concreto, así que a quen lle interese, que a escoite.

Noelia Olveira Vázquez (2º ESO B)

 

Podes escoitar moitos temas deste grupo en Booster, por exemplo. Velaquí un vídeo:

 

 

Talento de barrio, de Daddy Yankee

AUTOR: Daddy Yankee

TÍTULO: Talento de Barrio

DISCOGRÁFICA: Music Factori

 

daddy

Recomendo escoitar cancións de Talento de barrio porque ten moito ritmo e nunca te aburres dela. Ademais, cada canción que fai é moi distinta das outras e soen ter moito éxito. En xeral, a cada persoa que escoita unha canción del gústalle cada vez máis.

É unha música alegre e marchosa, por iso é coñecido mundialmente.

Recoméndollelo sobre todo aos adolescentes, porque é música dirixida máis ben cara a eles e soe gustar máis a estas idades. 

Unha peza:

 

Patricia Lestón Pérez, 3º PDC

 

Asústate, Merche!

asústate, merche

AUTORA: Fina Casalderrey

Título: Asústate, Merche!

Editorial: Xerais

 

Recomendo este libro porque é moi interesante. Trata dunha rapaza que conta os sucesos que lle acontecen durante a súa xuventude nun diario ao que decide chamarlle Asústate, Merche! É unha novela agridoce, ten sucesos bonitos e tristes, como cando coñeceu o seu mozo Xabier. Atópanse nela valores positivos, é entretida e se te metes na lectura podes pasalo realmente ben.

Recomendaríallelo a persoas con idades entre 12 e 16 anos e tamén á xente á que lle gustan as aventuras.

Loreto González García (3º PDC)

Huckleberry Finn

hf
ahf

 

AUTOR:Twain, Mark

TÍTULO: Huckleberry Finn

EDITORIAL: Mondadori

 

Como moitas outras grandes obras literarias -O Quixote, As viaxes de Gulliver...-, esta novela pode ser lida e desfrutada por rapaces, mozos e adultos, pois nela mestúranse as aventuras máis incribles e o humor máis fino coa ironía máis descarnada e a crítica social máis aceda.

Orfo de nai, cun brutal pai alcohólico, Huck Finn é un rapaz sen fogar que dorme nun vello tonel e que ocasionalmente mente e rouba para "ir tirando". Huck odia a respectabilidade cínica e convértese nun fuxido. Pero o día no que se atopan con Jim, un escravo tamén fuxido, encontra por primeira vez na súa vida o amor, a aceptación e o sentido da responsabilidade.

Xuntos polo Mississippi abaixo nunha balsa de toros, o rapaz que ninguén quere sufrirá a metamorfose que o converterá nun ser humano capaz de escoller entre violar o código da sociedade ou traizoar a persoa que máis o necesita.

Como dixo Ernest Hemingway, autor tamén dunha maxistral obra para todas as idades como é O vello e o mar: "Toda a literatura americana moderna procede dun libro de Mark Twain chamado Huckleberry Finn". E se quitásemos a palabra "americana" desta frase, non iriramos moi descamiñados.

Fernando Blanco Sieira (Dpto. de Inglés)

Tamén de Mark Twain:

ats

Música GZ

 Recomendacións guiadas de alumnado de 4º ESO
 

El clan del oso cavernario

clan oso cavernario

AUTORA: Jean M. Auel

TÍTULO: El clan del oso cavernario

EDITORIAL: El País

Este libro é moi interesante, xa que trata dunha nena Cro-Magnon, Ayla, que ao quedar soa é rescatada por unha curandeira Neandertal, chamada Iza. A partir de aí, cóntase como é a vida dos neandertais e as diferenzas que hai entre unha tribo e a outra.

Recoméndollelo sobre todo aos rapaces e rapazas que estean estudando a Prehistoria en Ciencias Sociais, xa que ao lelo aprendes moitas cousas sobre os distintos clans.

Marina Varela Brea (1º ESO B)

Investigación 091

 investigación 091

Autor: Pepe Carballude

Título: Investigación 091

Editorial: Ediciones SM

Este libro é interesante porque enfoca un tema de actualidade, o contrabando de tabaco e droga que xa vén sucedéndose desde tempo atrás. Nunha vila nas Rías Baixas galegas chamada Areal do Conde nos anos 80, unha pandilla de rapaces, un profesor de inglés tamén xornalista chamado Manolo e a súa namorada periodista de nome Rosa intentarán, co xefe da policía, acabar cunha onda de violencia, secuestros, caciquismo e corrupción que cada día envolve máis a esta vila. Unha historia realmente emocionante, con amor, intriga e sobre todo acción que nos envolve nesta trama.

Recoméndollo a calquera persoa moza ou non tan moza que queira ler un bo libro, pois quedará entregada a esta impresionante trama de acción.

Eduardo Cameán Romero (4º PDC)

Corazón de tinta, de Cornelia Funke

corazón de tinta
 
 Autora: Cornelia Funke
Editorial: Montena

Recomendaríao porque é unha historia moi entretida na que se mesturan a fantasía e a realidade. Asemade, é incrible como Mortimer (normalmente chamado Mo) lle transmite a paixón polos libros á súa filla Meggie.

O libro trata de que Mo e Meggie teñen o poder de, a través da lectura, traer á realidade personaxes dos libros e viceversa. Capricornio, un personaxe extraído por Mo, obrígao a el e a Meggie a traer á realidade á Sombra, entre outros personaxes, para facer o mal na Terra. Mo, Meggie e a súa tía, entre outros, terán que evitar que isto pase.

Recomendaríallo a quen lle gusten as historias de fantasía. Tamén á xente que guste moito da lectura, xa que nesta obra todos os protagonistas senten un gran amor cara aos libros.

Noa Varela Domínguez (1º ESO B)

Vídeo promocional:

 

Tristes armas, de Marina Mayoral

Tristes armas

Autora: Marina Mayoral

Título: Tristes armas

Editorial: Xerais

Día a día morre xente de países que están en guerra e as súas condicións de vida son pésimas, tan só por intentar loitar polos seus ideais. O libro Tristes armas reflicte a guerra desde o punto de vista máis próximo, facendo que te identifiques coa súa historia e te sorprendas. Así medra o teu interese por lelo.

Fala do exilio nos tempos da guerra, do solidarias que poden chegar a ser algunhas persoas e, sobre todo, da tristeza que producen estes conflitos tan inxustos e innecesarios.

Con este libro aprenderás que na túa vida tes todo tipo de caprichos e tamén pensarás nos que non teñen nada e loitan por sobrevivir.

A partir dos 12 anos pódeo ler calquera persoa que queira saber o que é loitar por vivir sen pedir nada a cambio, simplemente por uns ideais.

Recomendado por Marta del Río Piñeiro (4º PDC)

O conto dos sete medos, de Antón Cortizas

 

conto dos sete medos

 

Autor: Antón Cortizas

Título: O conto dos sete medos

Editorial: O barco de vapor

Quizais pensaches algunha vez cantos medos hai na vida e tamén quixeches saber como combatelos. Neste libro propónseche que os descubras mediante unha protagonista chamada Antía e unhas incribles aventuras. Os medos que existen na vida son moitos: medo a descubrirse a un mesmo, medo a quedarse só, medo a descubrir que quedas sen tempo para gozar da vida, medo á morte... Coa lectura deste libro descubrirás que non debes facer que o teu medo desapareza, senón que viva en ti e ser capaz de controlalo.

Recomendaríallo a calquera que lle guste a boa lectura e que se atreva mediante este libro a coñecer os medos da vida. Mellor a partir dos 12 anos.

Recomendado por Eduardo Cameán Romero (4º PDC)

Entender el cómic: el arte invisible, de MacCloud

 

entender el cómic

 

Autor: McCLOUD, Scott

Obra: Entender el cómic: el arte invisible

Editorial: Astiberri

 

“Duascentas páxinas! Horror! Este non o leo eu nin de broma...” Pero calma, calma lector ao peso. Neste caso non todo é letra e ademais desta vez si que tes debuxos, e non penses que tan só uns pouquichiños por iso de adornar.

Aquí tes un libro que está ben cheo de imaxes e xusto elas son a chave da historia. Imaxinas ben, o título é transparente: aquí tes un auténtico cómic que explica de xeito moi divertido, claro e gráfico que é a banda deseñada, onde están as súas orixes, as convencións da súa linguaxe, os seus variados estilos…

Ler este obra é algo máis que descifrar palabras e sentidos (o cal xa non está mal). Vas contemplar e admirar cada páxina dun xeito especial e diferente. Asegúroche que o farás sen présa, pero sen pausa. Avanzarás viñeta a viñeta engaiolado polo ritmo das imaxes, as suxestións, as relacións que se fan co cine, coa literatura, coa pintura… O xenial vai ser que poderás confirmar moitas das experiencias que ti mesmo tes como lector de cómic, chegarás a comprender como funciona a narración con imaxes gráficas, descubrirás que mecanismos activamos cando desciframos esas atractivas ventás de ficción e un sen fin de cousas. Diría máis: se es desas persoas que sempre están a debuxar, lendo o libro váiseche espertar o formiguiño de compoñer un cómic e experimentar coas propostas de Scott.

E para rematar un poder engadido máis que isto é como o anuncio da coca-cola, para todos hai. Se non les banda deseñada e tes prexuizos con este medio, contas aquí cunha ferramenta que che permitirá xulgar con criterio. McCloud amosa a complexidade desta arte dende dentro e, ao final, pasarache coma a mín: terás moitas ganas de ler e coñecer cómics. Enton… a quen lle imos recomendar esta lectura? Pois xa ves. A todo o mundo. Vivimos, pensamos e sentimos rodeados de mensaxes audiovisuais, que menos que comprender ben como funcionan!

Recomendado por Montserrat López (Lingua castelá e literatura)

Páxina sobre banda deseñada galega e internacional. Inclúe variados recursos e novidades.

La casa de los espíritus, de Isabel Allende

 la casa de los espíritus

 

Título: La casa de los espíritus

Autora: Isabel Allende

Editorial: Planeta DeAgostini

 

Recomendo este libro porque ten ese tipo de historia que chamariamos normal nunha familia, pero á súa vez a escritora dálle un toque misterioso con acontecementos sobrenaturais.

Inconscientemente, mediante os seus extravagantes personaxes de ficción, Isabel Allende introdúcenos nunha historia de amores apaixonados e outros moitos casamentos por comenencia como os que había en Chile, onde ela vivía. É a historia dunha familia de terratenentes, que vai desde a prosperidade ata a decadencia. Polo que pasamos por moitos estados da súa vida que nos permiten descubrir en realidade como son os personaxes.

A autora, filla do famoso presidente Salvador Allende, baseouse no contrario da ideoloxía de seu pai para crear a Esteban Trueba, un dos personaxes no que recae toda a política desta novela.

En conclusión, poderiamos dicir que esta novela teno todo. Desde Amor e Política ata sucuesos sobrenaturais.

Considero que é para xente maior, pero pódese ler de 15 anos en diante. Iso si, quen o lea terá que ter algún principio básico de política, porque se non, seralle algo difícil entender algunhas partes. Pero é moi divertido!

Recomendado por Esperanza Mª Maneiro González (4º C)

Os dous de sempre, de Castelao

 

os dous de sempre

 

 

Título: Os dous de sempre

Autor: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Editorial: Galaxia

 

Nesta novela, Castelao nárranos a vida de dous personaxes contrapostos, dous amigos que ven e viven a vida de forma totalmente diferente.

  • Por un lado Pedriño, mimado e consentido desde a súa infancia pola súa tía Águeda. Convértese nun lacazán, comellón, sen ningún obxectivo na súa vida. Representa o conservadorismo.
  • Pola outra banda, Rañolas, un neno eivado, orfo de pai e cunha nai con problemas de bebida. Vai enfrontarse á vida cun gran afán de superación, loitando por conseguir o que quere. Representa o idealismo.

Recomendaría este libro porque me gusta a maneira en que Castelao nos dá a coñecer os problemas da Galicia da época (emigración, caciquismo, pobreza, mendicidade, etc.) a través destes personaxes de vidas paralelas e opostas. Paréceme moi enxeñoso.

Ademais, achéganos unha mensaxe a través da vida de Rañolas: de loita, inconformismo e protesta nunha sociedade chea de escollos a vencer, onde o conformismo é dar as costas á realidade.

Penso que a idade axeitada para comezar a lectura desta obra é a partir dos 12 anos, xa que, aínda que está formado por 44 capítulos curtos que fan cómoda a lectura, coido que é un libro un pouco difícil de ler polo seu galego non normativo e a profundidade da mensaxe.

Recomedado por ALBA FERNÁNDEZ SOUTO (4º A)

 

Algúns capítulos poden lerse na rede desde a páxina do Museo Castelao.

Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro

 

longa noite de pedra

 

 

Autor: Celso Emilio Ferreiro

Título: Longa noite de pedra

Editorial: Xerais

 

É unha obra poética escrita por Celso Emilio durante e despois da Guerra Civil española. Nos seus poemas reflicte a situación do país durante a ditadura e o sentimento do autor nese momento.

Consta de 61 poemas, nos que se distinguen dúas grandes liñas temáticas:

  • Denuncia social e crítica, predominante na obra, onde fala da explotación á clase obreira, da morte de inocentes, da guerra, etc. Apréciase a influencia de Marx.
  • Intimista, onde recorda a súa infancia e tempos mellores.

Recomendaríallo a quen lle interesen libros de temática social.Tamén pode ser relevante para a elección desta obra o feito de que a súa publicación foi un acontecemento importante e tivo gran influencia en moita xente pola súa crítica á sociedade.

Suxerido por Laura Sánchez Santiago (2º BAC B)

 

Tamén se poden ler os poemas na rede.

Para escoitar musicado o poema que lle dá título: Son de poetas.

El síndrome de Mozart, de Gonzalo Moure

síndrome mozart
Autor: Gonzalo Moure
Editorial: Gran Angular

Recomendábel libro porque podes aumentar os teus coñecementos sobre esta enfermidade e tamén podes sentirte identificado/a con algúns dos personaxes.
Recoméndollo a quen lle guste ler moito. Creo que a idade máis adecuada é a dunha persoa de 15 anos para arriba.

Sara López Pérez (1º ESO A) 

Anxos en tempos de chuvia, de Vázquez Freire

anxos en tempos de chuvia
 Recomendación en podcast tertuliano realizada por Raquel, Natalia, Tamara e Jéssica (4ºA)

Dos arquivos do trasno, de Rafael Dieste

 

dos arquivos do trasno

 

Autor: Rafael Dieste

Título: Dos arquivos do trasno

Editorial: Galaxia

O libro consta de vinte relatos de temática variada, con predominio da intriga e o medo. Ten chamadas ao lector, as cales fan que te introduzas na historia e comprendas a agonía do personaxe.

Están escritos de maneira moi variada; por exemplo, no que se refire á estrutura, temos relatos circulares, relatos dentro de relatos e abundancia de finais abertos, o que fai que haxa posibles interpretacións.

Recomendariamos esta colección de relatos a quen lle gusten as historias curtas e que fagan reflexionar sobre o contido. Por outro lado, teñen que ser persoas con boa comprensión lectora ou cunha certa idade. Non recomendariamos o libro a xoves menores de quince anos, xa que ten unha interpretación un pouco complicada e non saberían aprecialo.

Suxerido por Lucía Santiago Caamaño e Fátima Romero Fontao (2º BAC B)

Máis, en Praza das Letras

Relato O neno suicida na Biblioteca Virtual Galega

Na noite estrelecida, de Ramón Cabanillas

Portada de Na noite estrelecida
Escalibor

Autor: Ramón Cabanillas

Título: Na noite estrelecida

Editorial: Xerais

Recomendamos este libro porque, sendo poesía, é fácil de ler e, así, de comprender. Ademais, achéganos unha historia coñecida por todos, a do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda; é dicir, a materia da Bretaña trasladada a Galiza.

É unha historia moi curta e bastante amena, dividida en tres capítulos que tratan sobre o nomeamento do rei cando este consegue a súa espada, que se atopaba incrustada nunha pedra, a busca do Santo Grial e, por último, a morte do rei e a paz en Camelot.

Recomendariamos este libro a calquera persoa que queira ler algo de poesía e non estea moi acostumado a facelo; porque se trata, como xa dixemos antes, dunha historia coñecida e que, polo tanto, pode entenderse ben. Tamén lles podería pracer ás persoas ás que lles gustan os libros que reivindican Galiza e a súa orixe céltica, xa que Cabanillas ambienta a obra nisto.

Suxerido por Alba Varela Domínguez e Laura Sánchez Santiago (2º BAC B)

Máis, na Galipedia.

Unha escolma en internet, na Biblioteca Virtual.



page | by Dr. Radut