Skip to Content

Proxecto KA 229 H.O.P.E.

Hoxe bota a andar o noso proxecto HOPE, sobre probióticos cunha videiconferencia na que presentaremos o proxecto e os centros participantes de Finlandia, Italia, Rumanía, Portugal e Turquía.

Fin do proxecto 2019-1-ES01-KA101-063740 de formación do profesorado

Pechamos este proxecto sen ter completadas todas as movilidades. Unha mágoa!

Xa virán tempos mellores nos que poder viaxar e aprender co Erasmus+

101

Un ano mais facemos un proxecto de formación do profesorado no noso centro. Queremos formar os noso profesores no máis actual das tácnicas educativas, e tamén fornecer aspectos coma as linguas e as novas tecnoloxías. 

Xa temos mandado a Fernando e Alejandro a un curso de storytelling a Utrecht, e ainda nos  queda enviar a varias das nosas profes a Irlanda.

Xornadas Erasmus en Santarém

Ola, na ligazón podedes saber un pouco mais  das nosas actividades en Porugal

http://hope.erasmuspr.eu/meetings/1st-meeting-hope-in-santarem/

Visita da delegación do IES a Santarém

Durante toda esta semana temos, dentro do programa Hope, a un grupo e profesores e alumnos participando en Santarém dun encontro con centros de Rumanía, Turquía, Italia e Portugal.

O motivo deste encontro é coñecerse e traballar sobre os probióticos nas nosas dietas e a pegada que teñen nos nosos hábitos.

IMG-20211123-WA0000.jpg

Proxecto KA 229 H.O.P.E.

Hoxe bota a andar o noso proxecto HOPE, sobre probióticos cunha videiconferencia na que presentaremos o proxecto e os centros participantes de Finlandia, Italia, Rumanía, Portugal e Turquía.

acceso a toda a información dos proxectos erasmus

INFORMACIÓN PORTAL SEPIE. PROXECTOS ERASMUS DE CICLOS MEDIOS

http://sepie.es/formacion-profesional/index.html

INFORMACIÓN PORTAL SEPIE. PROXECTOS ERASMUS DE CICLOS SUPERIOR

http://sepie.es/educacion-superior/index.html

 

Alumnos do centro en prácticas no estranxeiro

Despois de moitas dificultades os nosos alumnos Rubén  Férnandez Díaz, Silvia Arnoso Fiel e Silvia  Beatríz Piñeiro Martínez participan dos nosos programas Erasmus destinados para FP, facendo prácticas de auxiliar de enfermeria en centros sanitarios de Reggio (Calabria, Italia) e como especialista en nutrición nun ximnasio de Lisboa. Dende o centro agradecemos a súa valentía e desexámoslles o mellor.

erasmus 102 103

Comprácenos compartir con todos os usuarios desta web a saída de dous alumnos de formación profesional do ciclo de dietética ao estranxeiro (un alumno a Italia, ReggioCalabria e unha alumna a Portugal, Lisboa) dentro do programa Erasmus + KA103.

Tamén teremos outras saidas previstas para os alumnos do ciclo medio de auxiliar de enfermería (Francia., Lille) dentro do programa Erasmus+ KA 102.

 

ERASMUS DAYS

14/10/2020 11:35
16/10/2020 11:35
Europe/Madrid

Queremos convidar a todo o claustro e a toda a comunidade educativa a que se acheguen o EQUIPO ERASMUS e que coñezan o noso graniÑo de area na construción dunha Europa máis xusta e  democrática. TRES DÍAS para celbrar o que Europa nos ofrece aos centros educativos.

Erasmus Days no IES da Pobra

 

Celebramos os Erasmus  Days no centro e con iso queremos conmemorar a longa traxectoria do noso centro en proxectos europeos, así como o futuro dos novos proxectos que están por vir. 

Queremos convidar a todo o claustro e a toda a comunidade educativa a que se acheguen a nós e que coñezan o noso graniño de area na construción dunha Europa máis xusta e  democrática.

 

Histórico

 

Levamos facendo proxectos europeos no nosos centro dende o 2016, aquí tedes un enlace co blogue que temos para engadir os nosos proxectos unha vez rematados.

http://iespobra.erasmuspr.eu/?cat=6

 

CARTA ERASMUS

CARTA ERASMUS


book | by Dr. Radut