Skip to Content

Presentación

Plan dixital de centro

No adxunto está a disposición do público o plan dixital do centro.

Saúdos, 

Dirección

O noso IES/Our school

Plan Dixital do IES da Pobra do Caramiñal

Ola, segundo as novas indicacións para a axenda 20-30 de converxenxia europea e cumprindo os ODS que esata axenda implementa. Durante o derradeiro curso 21-22, elaborouse en PFPP o actual plan dixital do centro, do que facemos publicidade no documento adxunto.

Saúdos, 

Alejandro (director)

O IES da Pobra do Caramiñal

O IES de Pobra do Caramiñal está situado no concello de Pobra do Caramiñal, que contaba segundo datos do IGE con 9.664 habitantes en 2012.

Este concello pertence a unha unidade xeográfica ben delimitada: a Península do Barbanza e dende un punto de vista máis xeral ás Rías Baixas.

As principais actividades económicas da poboación son as relacionadas coa pesca e coa industria conserveira. Supón tamén unha importante fonte de ingresos o sector turístico.

O alumnado provén na súa maioría do propio concello da Pobra, existindo unha alta compoñente de procedencia rural.

No que respecta á situación socioeconómica e cultural das familias do alumnado, destácase a ausencia de moitos pais de familia durante boa parte do ano por mor do traballo no mar, o que implica que as nais cumpren un papel fundamental no labor educativo dos fillos/as.

En canto á lingua empregada, o galego é a lingua maioritaria entre pais/nais aínda que descende o seu uso por parte da mocidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut