Skip to Content

Huckleberry Finn

hf
ahf

 

AUTOR:Twain, Mark

TÍTULO: Huckleberry Finn

EDITORIAL: Mondadori

 

Como moitas outras grandes obras literarias -O Quixote, As viaxes de Gulliver...-, esta novela pode ser lida e desfrutada por rapaces, mozos e adultos, pois nela mestúranse as aventuras máis incribles e o humor máis fino coa ironía máis descarnada e a crítica social máis aceda.

Orfo de nai, cun brutal pai alcohólico, Huck Finn é un rapaz sen fogar que dorme nun vello tonel e que ocasionalmente mente e rouba para "ir tirando". Huck odia a respectabilidade cínica e convértese nun fuxido. Pero o día no que se atopan con Jim, un escravo tamén fuxido, encontra por primeira vez na súa vida o amor, a aceptación e o sentido da responsabilidade.

Xuntos polo Mississippi abaixo nunha balsa de toros, o rapaz que ninguén quere sufrirá a metamorfose que o converterá nun ser humano capaz de escoller entre violar o código da sociedade ou traizoar a persoa que máis o necesita.

Como dixo Ernest Hemingway, autor tamén dunha maxistral obra para todas as idades como é O vello e o mar: "Toda a literatura americana moderna procede dun libro de Mark Twain chamado Huckleberry Finn". E se quitásemos a palabra "americana" desta frase, non iriramos moi descamiñados.

Fernando Blanco Sieira (Dpto. de Inglés)

Tamén de Mark Twain:

ats



page | by Dr. Radut