Skip to Content

Novidades Bibliográficas

Ás de mosca para Anxo, de Fina Casalderrey

Título: Ás de mosca para Anxo

Autora: Fina Casalderrey

Editorial: Anaya

 

 

 

 

Recomendo ler este libro porque me parece moi interesante, pois mostra os valores da amizade e como unha nena "especial" pode chegar a ser como unha rapaza "normal" sen diferenza ningunha. Só necesita un pouco máis de axuda e coidado ao falar con ela. 

 

Estrela Canedo é unha rapaza cun desenvolvemento intelectual limitado que cando cando chega ao colexio é recibida polos novos compañeiros como unha intrusa. Na súa candidez consegue que valoren as súas cualidades como persoa por riba das capacidades intelectuais e ante o secuestro dun empresario logra converter os seus compañeiros en amigos.

 

Recoméndollelo aos nenos e nenas de entre 12 e16 anos, porque me parece un libro un pouco complicado para os máis pequenos e un pouco infantil para os maiores.

 

Antía Mosteiro Briones (2º ESO B)

Carta de una desconocida, de Stefan Zweig

AUTOR: Stefan Zweig

TÍTULO: Carta de una desconocida

EDITORIAL: Acantilado

 carta a unha descoñecida

Recomendo este libro porque é unha historia moi bonita e triste, que conta como unha muller está namorada do mesmo home desde que é pequena ata o momento da súa morte. A muller pasa moitas veces pola vida do home, incluso teñen un fillo xuntos, pero el non o sabe, xa que nunca a coñeceu, e cada vez que as súas vidas se cruzaban el cría que ela era unha muller nova, descoñecida. E aínda que cada vez el prometía acordarse dela, nada máis saír a muller da súa casa, el volvía esquecela. A novela é unha carta na que a muller lle conta ao home todos os momentos que pasaron xuntos.

Recomendaríalla á xente á que lle guste ler historias de amor. E, sobre todo, á moi sentimental, aínda que a quen non o sexa tamén penso que lle pode gustar, xa que -desde o meu punto de vista- é un moi bo libro.

NOA VARELA DOMÍNGUEZ (2º B)

Our Solemn Hour, de Within Temptation

AUTOR: Within Temptation

PEZA: Our Solemn Hour

DISCOGRÁFICA: Sony/BMG + Roadrunner Records

 

Recomendo este grupo porque fai un tipo de música que a xente non soe escoitar, xa que se trata de Symphony Gothic e moitas das súas cancións son de xénero rock gótico, rock heavy gótico ou reagge.

Teñen moitas cancións, videoclips, etc. que son algo así como de terror. Eu quixera destacar estas pezas: Our Solemm Hour, Ice queen, Our Farewe, Caged, Angels, Stand in my ground, Decieber of the fols, The promis, Briters wee, Final Dest, Running Up, The other, some were, The true beneath the rose, Never endi, the Howlin, etc.

Recoméndolle especialmente esta banda á xente á que lle guste o xénero gótico e a música en inglés. Pero non está dirixida a unha idade en concreto, así que a quen lle interese, que a escoite.

Noelia Olveira Vázquez (2º ESO B)

 

Podes escoitar moitos temas deste grupo en Booster, por exemplo. Velaquí un vídeo:

 

 

Talento de barrio, de Daddy Yankee

AUTOR: Daddy Yankee

TÍTULO: Talento de Barrio

DISCOGRÁFICA: Music Factori

 

daddy

Recomendo escoitar cancións de Talento de barrio porque ten moito ritmo e nunca te aburres dela. Ademais, cada canción que fai é moi distinta das outras e soen ter moito éxito. En xeral, a cada persoa que escoita unha canción del gústalle cada vez máis.

É unha música alegre e marchosa, por iso é coñecido mundialmente.

Recoméndollelo sobre todo aos adolescentes, porque é música dirixida máis ben cara a eles e soe gustar máis a estas idades. 

Unha peza:

 

Patricia Lestón Pérez, 3º PDC

 

Asústate, Merche!

asústate, merche

AUTORA: Fina Casalderrey

Título: Asústate, Merche!

Editorial: Xerais

 

Recomendo este libro porque é moi interesante. Trata dunha rapaza que conta os sucesos que lle acontecen durante a súa xuventude nun diario ao que decide chamarlle Asústate, Merche! É unha novela agridoce, ten sucesos bonitos e tristes, como cando coñeceu o seu mozo Xabier. Atópanse nela valores positivos, é entretida e se te metes na lectura podes pasalo realmente ben.

Recomendaríallelo a persoas con idades entre 12 e 16 anos e tamén á xente á que lle gustan as aventuras.

Loreto González García (3º PDC)

Huckleberry Finn

hf
ahf

 

AUTOR:Twain, Mark

TÍTULO: Huckleberry Finn

EDITORIAL: Mondadori

 

Como moitas outras grandes obras literarias -O Quixote, As viaxes de Gulliver...-, esta novela pode ser lida e desfrutada por rapaces, mozos e adultos, pois nela mestúranse as aventuras máis incribles e o humor máis fino coa ironía máis descarnada e a crítica social máis aceda.

Orfo de nai, cun brutal pai alcohólico, Huck Finn é un rapaz sen fogar que dorme nun vello tonel e que ocasionalmente mente e rouba para "ir tirando". Huck odia a respectabilidade cínica e convértese nun fuxido. Pero o día no que se atopan con Jim, un escravo tamén fuxido, encontra por primeira vez na súa vida o amor, a aceptación e o sentido da responsabilidade.

Xuntos polo Mississippi abaixo nunha balsa de toros, o rapaz que ninguén quere sufrirá a metamorfose que o converterá nun ser humano capaz de escoller entre violar o código da sociedade ou traizoar a persoa que máis o necesita.

Como dixo Ernest Hemingway, autor tamén dunha maxistral obra para todas as idades como é O vello e o mar: "Toda a literatura americana moderna procede dun libro de Mark Twain chamado Huckleberry Finn". E se quitásemos a palabra "americana" desta frase, non iriramos moi descamiñados.

Fernando Blanco Sieira (Dpto. de Inglés)

Tamén de Mark Twain:

ats

Música GZ

 Recomendacións guiadas de alumnado de 4º ESO
 

El clan del oso cavernario

clan oso cavernario

AUTORA: Jean M. Auel

TÍTULO: El clan del oso cavernario

EDITORIAL: El País

Este libro é moi interesante, xa que trata dunha nena Cro-Magnon, Ayla, que ao quedar soa é rescatada por unha curandeira Neandertal, chamada Iza. A partir de aí, cóntase como é a vida dos neandertais e as diferenzas que hai entre unha tribo e a outra.

Recoméndollelo sobre todo aos rapaces e rapazas que estean estudando a Prehistoria en Ciencias Sociais, xa que ao lelo aprendes moitas cousas sobre os distintos clans.

Marina Varela Brea (1º ESO B)

Investigación 091

 investigación 091

Autor: Pepe Carballude

Título: Investigación 091

Editorial: Ediciones SM

Este libro é interesante porque enfoca un tema de actualidade, o contrabando de tabaco e droga que xa vén sucedéndose desde tempo atrás. Nunha vila nas Rías Baixas galegas chamada Areal do Conde nos anos 80, unha pandilla de rapaces, un profesor de inglés tamén xornalista chamado Manolo e a súa namorada periodista de nome Rosa intentarán, co xefe da policía, acabar cunha onda de violencia, secuestros, caciquismo e corrupción que cada día envolve máis a esta vila. Unha historia realmente emocionante, con amor, intriga e sobre todo acción que nos envolve nesta trama.

Recoméndollo a calquera persoa moza ou non tan moza que queira ler un bo libro, pois quedará entregada a esta impresionante trama de acción.

Eduardo Cameán Romero (4º PDC)

Distribuir contido


by Dr. Radut