Skip to Content

Concursos de Entroido do EDLG

CONCURSO DÁNOS A TÚA CARA DO ENTROIDO
Forma de participación: Disfraza a túa cara, maquíllate, pon un sombreiro, tunéate e publica a foto da túa cara xunto cunha palabra en galego que se relacione coa imaxe na túa conta de Instagram co cancelo #iespobraentroido. 
As fotografías serán só da cara ata os ombreiros, nunca de medio corpo nin de corpo enteiro.
Antes de poñer a palabra na foto, comproba que a palabra é correcta en galego e está ben escrita.
Valoraranse aspectos como a creatividade, a boa execución e a corrección lingüística.
Se non tes conta en Instagram, envíanos a túa fotografía a edlg@iespobra.com e nós a publicaremos na nosa conta para que participes.
Unha persoa pode participar cantas veces queira sempre e cando se trate de diferente disfrace ou diferente maquillaxe.
Se unha persoa maquilla a outra, considerarase gañadora a propietaria da conta onde a imaxe sexa publicada.
Se nos enviades unha fotografía dunha persoa maquillada por outra e esa fotografía gaña a persoa premiada é a que nos enviou a foto.
Só poden participar persoas matriculadas no curso 2020-2021 no IES da Pobra do Caramiñal.
Premio: Vale por 30 euros en produtos culturais nun establecemento do concello da Pobra do Caramiñal.
Prazo de publicación das fotografías: O concurso dura todo o Entroido de maneira que podes publicar as túas fotos ata o Mércores de Cinza co Enterro da Sardiña, referímonos  ao mércores 17 de febreiro, incluído.
Xurado: A fotografía premiada será seleccionada por un xurado neutral elixido para a ocasión.
 
CONCURSO DE MÁSCARAS
Forma de participación: Fai dunha máscara unha obra de arte no Entroido. Poderás pintala, pegarlle cousas e alterala como ti desexes sempre a cando se trate dunha máscara de uso común, poden ser hixiénicas ou FFP2, tanto ten sempre e cando a máscara estea sen usar. No revés da máscara deberá figurar o teu nome, curso e primeiro apelido, pode estar escrito ou peqado dalgún xeito. Valoraranse aspectos como a creatividade e a boa execución.
Premio: Vale por 30 euros en produtos culturais nun establecemento do concello da Pobra do Caramiñal.
Prazo de entrega das máscaras: Ata o xoves 18 de febreiro incluído.
Forma de entrega: A máscara entregaráselle á titora ou titor quen á súa vez lla fará chegar ao vicedirector.
Xurado: A máscara premiada será seleccionada por un xurado neutral elixido para a ocasión.
 
Participa no Entroido do IES  e leva premios!!!


book | by Dr. Radut