Skip to Content

Actividades

Visita do alumnado de Bacharelato e Ciclos á USC

O alumnado de 1º e 2º Bacharelato e o alumnado de Ciclo Superior de Dietética realizaron a visita á Universidade de Santiago de Compostela para coñecer de cerca os servicios, instalacións e programa educativo das Universidades.

 

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS DE NADAL

Este Nadal o alumnado decorou as portas das súas aulas con motivos navideños e textos en galego para participar no concurso de portas que organizou o EDLG. Traballaron moitos e os resultados foron espectaculares!!! Aquí tedes unha mostra.

Ver adxunto

ROTEIRO POLA ARQUITECTURA POPULAR DA POBRA DO CARAMIÑAL

O alumnado da materia de Proxecto Competencial de 4º da ESO realizou un roteiro pola arquitectura popular da Pobra do Caramiñal coas explicacións do director do Museo Valle Inclán. 

 

Ver adxunto

PARTICIPANTES NO CAMPIONATO DE CROSS ESCOLAR

Alumnado do Ies Pobra do Caramiñal participou o xoves 30 de novembro no campionato de cros dentro do programa xogade que se celebrou no Estadio da alta da Pobra do Carmiñal. 

Nos archivos adxuntos podedes ver as clasificacións.

Ver adxunto

 

Delicias de Outono

O alumnado de Dietética organizou un taller de cociña " Delicias de Outono" con productos elaborados a base de castaña. 

 

 

 

VIAXE Á NEVE A ANDORRA

Adxuntamos a información sobre a viaxe á neve a Andorra.

CONMEMORANDO O DÍA DA REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR 16 DE OUTUBRO

O Departamento de Sanidade organizou unhas xornadas para conmemorar o Día Internacional da RCP.

O obxectivo é concienciar ao alumnado que a aprendizaxe da RCP pode salvar vidas ante unha parada cardiorrespiratoria  e aprender que as técnicas de RCP son sinxelas e non teñen límite de idade.

O alumnado de ciclos explicou ao alumnado da ESO e Bacharelato como facer unha RCP,  Técnicas para desobstrucción da vía aérea,  Posición lateral de seguridade (PLS), Manexo do DESA (Desfibrilación externa semiautomática).

Distribuir contido


by Dr. Radut