Skip to Content

Alumnado de 2º ESO participa no proxecto piloto de Cine Etnográfico

25/01/2023
Europe/Madrid

O alumnado de 2º D participará no Proxecto piloto de Cine Etnográfico organizado polo Museo do Pobo Galego. O noso instituto xunto co IES de cacheiras e o IES de Arzúa serán os participantes seleccionados de Galicia para realizar un proxecto dentro da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (Mice Petís).

O día de onte este grupo participou na presentación oficial vía telemática e o martes 31 de xaneiro e o martes 28 de febreiro recibirán formación de forma presencial.

Esta actividade está sendo coordinada polo profesor Iñaki Varela do Departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de 2º da ESO na presentación telemática da actividade



story | by Dr. Radut