Skip to Content

FP Básica Electricidade e Electrónica

CICLO FORMATIVO

Familia: Electricidade e electrónica

Sistema educativo: LOE

Grao: profesional básico

Horas: 2000

A documentación de referencia pódese consultar nestes enlaces: DOG DOC

Que se aprende a facer?

Realizar operacións auxiliares na montaxe e no mantemento de elementos e equipamentos eléctricos e electrónicos, así como en instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións para edificios e conxuntos de edificios, aplicando as técnicas requiridas, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?

Actividades por conta allea en empresas de montaxe e mantemento de instalacións electrotécnicas de edificios, vivendas, oficinas, locais comerciais e industriais, con supervisión de nivel superior e baixo a regulación do Regulamento Electrotécnico de baixa Tensión e da Normativa das Infraestruturas Comúns de Telecomunicacións.

Que ocupacións se desempeñan?

Operario/a de instalacións eléctricas de baixa tensión; axudante de montador/ora de antenas receptoras de televisión e satélites; axudante de instalador/ora e reparador/ora de equipamentos telefónicos e telegráficos; axudante de instalador/ora de equipamentos e sistemas de comunicación; axudante de instalador/ora reparador/ora de instalacións telefónicas; peón da industria de produción e distribución de enerxía eléctrica; axudante de montador/ora de sistemas microinformáticos; operador/ora de ensamblaxe de equipamentos eléctricos e electrónicos; auxiliar de mantemento de equipamentos eléctricos e electrónicos; probador/ora axustador/ora de placas e equipamentos eléctricos e electrónicos; montador/ora de compoñentes en placas de circuíto impreso.

Cales son os módulos?

Curso

Código

Módulo profesional

Horas

Períodos semanais

MP3009

Ciencias aplicadas I

175

6

MP3011

Comunicación e sociedade I

206

7

MP3015

Equipamentos eléctricos e electrónicos

233

8

MP3013

Instalacións eléctricas e domóticas

296

10

MP3019

Ciencias aplicadas II

162

7

MP3012

Comunicación e sociedade II

135

6

MP3018

Formación en centros de traballo

320

 

MP3016

Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos

206

9

MP3014

Instalacións de telecomunicacións

205

9

Nota. Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia. No primeiro curso dedicaranse 35 horas á titoría, e 27 horas no segundo curso.

Que título ou acreditación se obtén?

Título Profesional básico en Electricidade e electrónica.

A que outros estudos se pode acceder?

Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das seguintes familias profesionais:

  • Edificación e obra civil
  • Electricidade e electrónica
  • Enerxía e auga
  • Fabricación mecánica
  • Industrias extractivas
  • Informática e comunicacións
  • Instalación e mantemento
  • Madeira, moble e cortiza
  • Marítimo-pesqueira
  • Química
  • Transporte e mantemento de vehículos

Distribuir contido


by Dr. Radut