Skip to Content

Bibliotecas Escolares

Charla/concerto do grupo PECHA A CANSELA

O departamento de Música ven de organizar unha charla para o alumnado de 2º da ESO a cargo do grupo de adolescentes "Pecha a cansela". 

Pecha a cansela 1

A banda formada por Martiño (teclados e guitarra), Lois (guitarra), Jorge (guitarra), Saleta (baixo), Antía (voz) e Duarte (batería), achegouse o luns 18 de decembro ao noso instituto para contar a súa experiencia. Cómo xurdiu a idea de montar un grupo musical, cal é a súa formación neste eido, cales son os seus referentes musicais, onde ensaian, ... Atenderon a todas aquelas dúbidas que o noso alumnado lles prantexou.

Despois disto, deleitaron aos presentes cun pequeno concerto no que tocaron cancións de bandas míticas internacionais coma Queen ou Radiohead, e a nivel nacional, de Hombres G. Puidemos escoitar a primeira canción creada íntegramente por eles, "Apagha a radio" e, de forma inédita, adiantáronnos algo da súa última creación, na que inda seguen a traballar e se titula "Aire".

Pecha a cansela 2

A banda animou aos presentes a montar a súa própia banda de música, porque inda que ás veces custa compaxinar estudos con ensaios e gravacións, o resultado é moi gratificante e pásano xenial enriba dun escenario. 

Tomade nota chavalada, e animádevos a por en marcha o grupo do IES! 



fse+21-27

Plambe

Agueiro

Espazo Abalar

blog | by Dr. Radut