Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Novas

Novas

III CERTAME "IMAXES DO PATRIMONIO": ENTREGA DO PREMIO

Último día de clase, día de celebración polo final do curso, e Carme Pallares, en nome do EDLG, faille entrega do seu premio a Ainoa na clase de 2ºESO-A, como gañadora da edición 2024 do Certame de Imaxes do Patrimonio. Que imaxe tan bonita, con ese sorriso e esa mirada de complicidade.

Parabéns e o curso que vén, máis e mellor!

Felices vacacións!

III CERTAME IMAXES DO PATRIMONIO

Fotografía gañadora do noso III CERTAME "IMAXES DO PATRIMONIO" de 2024. A alumna gañadora foi AINOA GONZÁLEZ CAÑESTRO de 2ºESO-A.

Nos vindeiros días entegarémoslle o seu merecido premio e, así mesmo, desde o EDLG do IES Número 1 enviaremos a súa proposta ao concurso galego convocado por PONTE... NAS ONDAS.

A LINGUA GALEGA NAS REDES SOCIAIS

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: CONTACONTOS NA EEI "DEÁN GRANDE"

Hoxe, 15 de maio, co gallo da Semana das Letras Galegas, seis alumnas colaboradoras do noso EDLG de 3º e 4º da ESO achegáronse até a Escola Infantil Deán Grande, veciña do noso centro e situada tamén ao pé do paseo da praia de Coroso, para contarlles uns contiños ás crianzas desa primeira etapa educativa de 3, 4 e 5 aniños.

DESMONTANDO OS PREXUIZOS E AS MENTIRAS SOBRE A LINGUA GALEGA

No día de hoxe, o alumnado de 2ºESO A e B tivo a ocasión de participar nun relatorio organizado polo EDLG do centro con Carlos García Vieito, politólogo, experto en redes sociais, membro da Mesa pola Normalización Lingüística e podcaster de éxito co programa “Exército Mekemeke”.

OBRADOIRO DE REGUEIFA

ROTEIRO POLO XEOPARQUE "CABO ORTEGAL"

GAÑADORES DA V EXPOSICIÓN E CONCURSO DE MEMES DE "COUSAS DA VIDA" DE CASTELAO

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut